16 de xuño de 2014

Programa Coruña Linguas para Primaria

 

Listen / Speak en Primaria


Descrición:
Programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en lingua inglesa.
Orientado á certificación internacional Trinity College
Persoas destinatarias:
Escolares dos centros educativos da cidade cursando 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
Ratio mínima de 12 e máxima de 15 persoas.
Período de realización:
Do 6 de outubro de 2014 ao 29 de maio de 2015
Horario:
Cada grupo recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos cos seguintes horarios:
3º e 4º de primaria das 16:00h ás 17:00h
5º e 6º de primaria das 17:00h ás 18:00h.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.
Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, o solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda.
Criterios para a admisión:
Escolares do propio centro seleccionados por riguroso orde de inscrición.
Escolares doutros centros (sempre que o aprobe o Consello Escolar do centro receptor)
Criterios para a admisión:
15€ mensuais. O pago farase trimestralmente. O primeiro pago realizarase a inicios de outubro, unha vez que sexa admitido no curso.
Inscrición dos escolares:
Do 16 de xuño ao 19 de setembro
Ficha de solicitude específica “CORUÑA LINGUAS: LISTEN AND SPEAK”
As listaxes de admitidos publicaranse na nosa web educativa a finais de setembro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario