Saltar ao contido principal

Última semana lectiva. Eventos previstos do 16 ao 20 de xuño


Xa falta moi pouco para rematar o periodo lectivo deste curso 2013-14. Lembrade que:
  • Non haberá actividades extraescolares nin servizo de biblioteca dende o luns 16 de xuño, incluído.
  • As clases e os servizos de madrugadores e comedor rematan o venres 20 de xuño.

Deixámosvos un apunte dos eventos previstos nesta última semana:

  • Luns, 16 de xuño, de 16:00 a 20:00 h. Festa de Fin de curso con inchables. Debedes acercarvos pola ANPA esa mesma tarde, co voso carné, para que vos poñan a pulseira identificativa para poder desfrutar da festa. Lembrade que para os socios é de balde.  Para os non socios ou aqueles que non estean ao día nos pagos coa ANPA deberán aboar 5€. Haberá moitas actividades, e sobre as 18:00, merenda. 

  • Mércores, 18 de xuño, haberá dúas reunións:


    • Comedor: Ás 17:00 horas no comedor. Virán os responsables da empresa de catering Jardanay para tratar temas da organización do comedor e a súa aplicación para o vindeiro curso escolar.

 
 


    • Campamento de verán: Ás 17:30 horas no Salón de actos. Reunión para os pais e nais dos nenos e nenas incritos no campamento de verán. Virá o coordinador do mesmo para dar información das actividades que se van realizar e para respostar ás inquedanzas que se teñan.




  •    Xoves, 19 de xuño:
    • Representación das obras da actividade de Teatro para os nenos e nenas do colexio: Durante a mañá, os nenos e nenas dos grupos de teatro do colexio representarán, para os seus compañeiros, as obras de teatro que fixeron este curso.


    • Olimpíadas: Durante toda a tarde, dende as 16:00 horas, desenvolveranse as distintas probas das derradeiras Olimpíadas do curso.

    • Acto de despedida dos alumnos e alumnas de 6º Primaria: Ás 16:30 horas no Salón de actos. Levaranse a cabo unha serie de actividades para agasallar aos nosos alumnos e alumnas de 6º Primaria que rematan a súa etapa no colexio.

  

Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€