Exhibicións e fin de actividades

Lembrade:
  • O venres 13 de xuño rematan as actividades correspondentes a este curso.
  • Dende o luns 16 de xuño non haberá servizo de biblioteca pola tarde.
Actuacións Fin de curso:

Xoves, 12 de xuño:

    • Baile moderno: Tense pensado facer fora, na pista de fútbol, pero se o tempo non o permite farase no Salón de Actos a partir das 16:00 horas, aproximadamente. 
    • Patinaxe: Farase fora ou ben na pista de fútbol ou ben na de tenis, se o tempo non permite a primeira opción. Dará comezo cando remate a exhibición de Baile.
 

Venres, 13 de xuño:

  • Torneos:
    • Torneo de futbito. “IV Torneo de la amistad”. Dará comezo sobre as 16:00 horas e rematará sobre as 20:00 horas. Farase nas pistas exteriores, coma sempre.
    • Torneo de Baloncesto: Comezará a partir das 17:00 horas. Inclúe un partido de pais/nais contra fill@s. Anotarse no local da ANPA. 
  • Exhibicións:

  • Ximnasia rítmica e Ritmo: Tense pensado facer fora, pero se tempo non o permite farase no Ximnasio. Empezará sobre as 16:00, aproximadamente. 
  • POE: No Salón de Actos a partir das 16:15 horas, aproximadamente. 
  • Música e movemento: No Salón de Actos a partir das 16:30 horas, aproximadamente. 
    •  Piano e Ballet: No Salón de Actos a partir das 16:45 horas, aproximadamente.


  • Xornada de portas abertas:  


    • Xadrez: que terá lugar na Aula de Usos Múltiples, coa posibilidade de xogar partidas cos nen@s de xadrez. Tamén poderán xogar os pais e as nais. 



PARTICIPADE!!!