FESTA DAS ANPAS DA ESCOLA PÚBLICA




Ese ano a nosa ANPA Xanela vai participar unha festa/encontro das ANPAS da Escola Pública na que nos reunamos as familias das ANPAS, para coñecernos e divertirnos todos xuntos. A festa será nas instalacións do Albergue de Gandarío que cede o Concello de Bergondo para acoller a tod@s o día 27 de maio (sábado).


Horario: de 10:30 da mañá a 18 horas

Inscrición: Totalmente gratuita e desde XA no local da ANPA, no noso horario habitual (16:15 a 18 horas de luns a xoves)



En que consiste?
En pasar un día xuntas as ANPAS e participar cos nosos fill@s en xogos, deportes, cancións, actividades, e un final moi divertido coa festa da espuma.

Quen a organíza?
 A Federación e as ANPAS
            - A Federación: Encárgase de toda a organización xeral: aparcadoiro, identificación, zona de almacenaxe de mochilas e bolsas, organización dasactividades,  monitores…
            As ANPAS: Informar e facer a inscrición das persoas que vaian vir do voso cole 
            As familias: Cada asistente debe vir con roupa cómoda e adaptada para as actividades e festa da espuma; traer cada un a súa propia comida e gañas de pasalo ben.

Como chegamos?
Pódese chegar en coches particulares ou se preferides en autobús, queda á organización e parecer de cada ANPA. Enviarémosvos plano.

Animarvos e fagamos todos xuntos a festa de fin de curso!!.

Mais informacion