Saltar ao contido principal

Suspensión das actividades no exterior, este venres 14 de febreiro

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel
laranxa
por fortes rachas de vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este venres 14 de febreiro, agás nos situados no Sur de Lugo, Montaña e Miño de Ourense, onde o nivel de risco será amarelo.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado inicialmente e pasase a unha declaración de nivel vermello, ou existisen circunstancias que o aconsellasen, os/as directores/as poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web:

http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf

Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€