5 de feb. de 2014

Suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 pola alerta laranxa

A Comisión Escolar de Alertas determina a suspensión das actividades no exterior dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 pola alerta laranxa

Espérase un fenómeno meteorolóxico adverso por refachos de máis de 110 quilómetros por hora

A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos de toda Galicia este xoves 6 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por refachos de máis de 110 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

Aínda que non se suspende a actividade docente nin o transporte escolar, a Comisión Escolar de Alertas recomenda o seguimento das condicións meteorolóxicas nas catro provincias galegas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario