A Comisión Escolar de Alertas acaba de determinar – polo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento- a suspensión das actividades no exterior das instalacións dos centros educativos da provincia da Coruña e na Mariña lucense a partir das 18 horas deste venres 7 de febreiro, por mor dun fenómeno meteorolóxico adverso por rachas de vento de máis de 100 quilómetros por hora, con nivel de alerta laranxa.

As zonas climáticas, definidas por Meteogalicia, poden consultarse no enlace web
http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf
http://www.meteogalicia.es/datosred/infoweb/meteo/docs/adversos/DefinicionZonasAdversos_gl.pdf
Entón, este venres, polo momento, desenvolveranse con normalidade todas as actividades, incluídas as de exterior, Baloncesto e Tenis, xa que se levan a cabo antes das 18:00 horas.
Pero estade atentos á web de Educación da Xunta por se emitisen outra alerta. Deixámosvos aquí o enlace: http://www.edu.xunta.es/web/