Xa está aberto o prazo para facer a inscrición para a actividade de Listen and Speak.
Trátase dun programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en lingua inglesa.
Está orientado á certificación internacional do Trinity College London, dacordo cos niveis do Marco Europeo das linguas.

Trimestralmente se fará unha revisión do número de asistentes para comprobar que se mantén a ratio mínima, de non ser así, e previo aviso, poderase suspender a actividade para o seguinte trimestre.
Ratio mínima de 12 e máxima de 15 persoas.


Período de realización
Do 4 de outubro de 2017 ao 31 de maio de 2018

Horario Cada grupo recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos cos seguintes horarios no noso colexio:
  • 3º e 4º Primaria. Martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas
  • 5º e 6º Primaria. Martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas
Inscrición
A inscrición farase na web educativa do concello. Deixamos aquí o enlace. Ficha de inscrición on-line

O prazo de inscrición remato o 30 de setembro.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

As listaxes de admitidos publicaranse na web educativa (www.edu.coruna.esa inicios de outubro.

Criterios para a admisión:
1. Escolares do propio centro seleccionados por riguroso orde de inscrición.

2. Escolares doutros centros (sempre que o aprobe o Consello Escolar do centro receptor)

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, o solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda