8 de set. de 2017

AVISO IMPORTATE BOLSAS DE COMEDOR!!!!!





Hoxe trasladáronnos esta información para que vola fagamos chegar:

Por indicación expresa da Concelleira, esta mañá publicaremos a LISTA DEFINITIVA PARCIAL das Bolsas de Comedor.

As persoas que aparezan nesta listaxe, deberán pasar polos centros cívicos a recoller o ANEXO 2. Este ANEXO, chegará ao longo da mañá a todos os centros cívicos.  O prazo para recollelo no centro cívico e levalo ao comedor será de 10 días hábiles ( do 11 ao 22 de setembro incluídos).
Estas persoas poderán empezar a comer o luns día 11.

As familias que non estean nesta listaxe, están pendentes de valoración e non saberán se teñen a bolsa concedida ou denegada ata  dentro de 2 semanas ( aprox o 20 de setembro) que esperamos ter a LISTA DEFINITIVA TOTAL, e ata esta data non teremos ningunha información (nin en 010, nin en centros cívicos, nin en ningún sitio) sobre ningunha bolsa.


Un saúdo

Ningún comentario:

Publicar un comentario