Conclusións Asemblea Extaordinaria de socios

Na Asemblea Extaordinaria de socios, que tuvo lugar hoxe mércores 3 de maio de 2017 no salón de actos do CEIP María Pita para tratar o tema da Subvención comedor curso 2015-16, chegouse o acordo por unanimidade dos presentes de proceder o reparto da subvención entre os usuarios do comedor durante o curso 2015-2016.

O reparto da subvención farase por medio de cheque bancario, que se podera recoller no local da ANPA dende o Luns 8 de Maio ata o Xoves 8 de Xuño, no horario habitual  (16:15 a 18 horas de luns a xoves). Importante, Todos os cheques que non se retiren entre estas datas, pasaran a formar partes dos fondos da ANPA.