Saltar ao contido principal

Axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

Abre o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.

Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos

O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial

A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros

Mais información Xunta de Galicia

Información proporcionada polo Colexio María Pita


Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€