25/11/2015

25-N "Día Internacional contra a violencia de xénero"



O 25 de novembro de 2015, ás 20/20:30 horas, o movemento feminista galego convoca concentracións e manifestacións nas principais cidades de Galicia* con motivo do “DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO” para esixir que a loita contra a violencia machista sexa unha Cuestión de Estado.

A Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos, (CONFAPA-GALICIA), como colectivo que representa ás familias da escola pública galega e defende a igualdade e o respecto aos dereitos e liberdades fundamentais de toda a cidadanía así como os valores de solidariedade e tolerancia, adhírese a esta mobilización cívica e xunto ás súas organizadoras invita a toda a sociedade civil a que se sume á mesma xa que a erradicación da violencia machista e a violencia cara ás mulleres é unha cuestión que involucra a toda a sociedade. 23 de novembro de 2015

*Manifestacións:

  • COMPOSTELA, 20:30 h: desde a Praza 8 de Marzo 
  • VIGO, 20:00 h: desde a Farola de Urzáiz


*Concentracións:

  • A CORUÑA, 20:00 h: Obelisco
  • NARÓN, 20:00 h: Praza da Gándara
  • OURENSE, 20:30 h: Praza do Ferro.
  • PONTEVEDRA, 20:00 h: Praza da Peregrina.

Ningún comentario:

Publicar un comentario