8 de nov. de 2015

Semana da Ciencia 2015


A Semana da Ciencia nos Museos Científicos da Coruña contará con entrada gratuíta aos seus tres centros (Casa das Ciencias, Domus e Aquarium Finisterrae) dende o luns 9 de novembro ata o domingo 16. Nestes sete días celebraránse as actividades especiales seguintes:
  • 13 de novembro. Storytelling: reinos de coral e imperios de xeo. O fotógrafo de National Geographic David Doubilet fará un percorrido visual polas historias publicadas nas revistas. Unha actividade de mobilización cidadá do proxecto europeo Sea for Society, liderado en España polo Aquarium Finisterrae, enmarcadas no Festival Mar de Mares. As 19.30 horas, na Domus.
  • 14 de novembro, na Domus. Obradorio de fotografía submarina: execución, producción e edición dunha reportaxe Baixo o mar. Impartido por David Doubilet e Jennifer Hayes. Actividade de mobilización cidadá do proxecto europeo Sea for Society, liderado en España polo Aquarium Finisterrae, enmarcadas no festival Mar de Mares. Prazas xa cubertas.
  • 14 de novembro. Actos de entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación 2015:
    • 11.00 horas. Domus. Presentación do libro “El encantador de saltamontes y otros ensayos sobre la historia natural de los parásitos”, Prisma ao mellor texto inédito en 2014.
    • 11.45 h. Proxección do vídeo : “Científicos del IRB Barcelona bailan por la investigación en cáncer, Alzheimer y diabetes”, Prisma de Bronce 2015.
    • 13:00 h. Entrega dos Prismas Casa das Ciencias á Divulgación no Salón de Plenos do Excmo. Concello da Coruña.
  • 15 de novembro. Espectáculos da Ciencia na Domus. Do fotón ao led. Neste Ano da Luz e as tecnoloxías baseadas nela, este espectáculo de ciencia amosa experiencias abraiantes. Ver a través de materiais opacos, acender lámpadas sen fíos, utilizar láseres de gran potencia ou descubrir os segredos da maxia da invisibilidade son só algunhas delas.
Fonte: 

MC2 | NOTICIAS

MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

Ningún comentario:

Publicar un comentario