15 de set. de 2014

Resumo reunión actividades


 

Actividades extraescolares curso 2014-2015


Deixamos aquí os puntos a destacar da reunión do xoves sobre as actividades extraescolares:




  1. Actividades do concello: Ximnasia rítmica, Ritmo, Prepatinaxe, Patinaxe e Xadrez.
    • O prazo para formar grupo finaliza o 19 de setembro de 2014. É necesario ter 10 participantes en cada unha delas para formar grupo.
    • A inscrición farase no local da ANPA (de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas), cubrindo o formulario correspondente. O pago farase no momento de facer a inscrición.
    • Comezan o 1 de outubro de 2014 e finalizan o 29 maio de 2015, aínda que tentaremos como todos os anos que se prolonguen ata mediados de xuño.
  2. Natación escolar.
    • O prazo de inscrición finaliza o 19 de setembro de 2014.
    • Está dirixida a nenos e nenas de 3º e 4º Primaria. Levarase a cabo na piscina do Club do Mar os martes.
    • A inscrición farase no local da ANPA (de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas), cubrindo o formulario. O pago farase no momento de facer a inscrición. (53,47€).
    • Comezará o martes 7 de outubro de 2014 e finaliza o 26 maio de 2015.
  3. Programa de ocio educativo (POE)
    • O prazo para formar grupo finaliza o 19 de setembro de 2014. É necesario ter 10 participantes para formar grupo.
    • Está dirixido a nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º e 2º de Primaria.
    • Lembrade que o horario diario é de 16 a 18 horas.
    • A inscrición farase no local da ANPA (de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas), cubrindo o formulario correspondente. O pago farase no momento de facer a inscrición.
    • Comeza o 1 de outubro de 2014 e finalizan o 29 maio de 2015, aínda que tentaremos como todos os anos que se prolonguen ata mediados de xuño.
  4. Listen & Speak
    • O prazo para formar grupo finaliza o 25 de setembro de 2014. É necesario ter 12 participantes para formar grupo.
    • Escolares dos centros educativos da cidade cursando 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
    • A inscrición farase na web de educación do concello (https://www.edu.coruna.es/coruna_educa_familias/listen_and_speak/), cubrindo o formulario correspondente. O pago farase por domiciliación bancaria (15€/mes) O pago farase trimestralmente. O primeiro pago realizarase a inicios de outubro, unha vez que sexa admitido no curso.
    • Comeza o 7 de outubro de 2014 e finalizan o 29 maio de 2015.
  5. Judo
    • Para anotarse e efectuar os pagos débese falar directamente co monitor da actividade.
    • O primeiro día te que federarse o neno/nena. O importe dese concepto O ANO PASADO foi de 22 € /ano.
    • A mensualidade, que ten descontos por irmáns, O ANO PASADO foi de 20 €/dous días a semana.
    • Comeza o 2 de outubro de 2014 e finalizan o 29 maio de 2015.
  6. Actividades da ANPA: Fútbol, Teatro, Manualidades, Obradoiro de inglés, Baile,  Ballet, Piano, Baloncesto, Atletismo, Tenis, Música e movemento, Yoga e Iniciación ao Cómic
    • O prazo para formar grupo finaliza o 29 de setembro de 2014.
    • Están dirixidas aos socios da ANPA (tamén do CEIP Ramón de la Sagra e CEE Nosa Señora do Rosario, que terán que pagar un seguro de 4€)
    • A inscrición farase no local da ANPA (de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas), cubrindo a ficha correspondente. O pago do mes de outubro farase no momento de facer a inscrición.
    • Comezarán o mércores 1 de outubro de 2014 e finalizan o 12 xuño de 2015.
    • Para darse de baixa débese vir polo local da ANPA e cubrir o formulario correspondente.
  7. Actividade da ANPA para adultos: Movemento
    • O prazo para formar grupo finaliza o 30 de outubro de 2014.
    • Está dirixida aos socios da ANPA (Os non socios deberán pagar un seguro de 4€).
    • A inscrición farase no local da ANPA (de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas), cubrindo a ficha correspondente. O pago do mes de novembro farase no momento de facer a inscrición.
    • Comezarán o mércores 5 de novembro de 2014 e finaliza o 11 xuño de 2015.
    • Para darse de baixa débese vir polo local da ANPA e cubrir o formulario correspondente.

Ningún comentario:

Publicar un comentario