Saltar ao contido principal

Voltamos!!!



Xa estamos aquí de volta despois dun bo descanso!

Este será o noso horario de apertura do local antes do comezo das clases:
  • O martes 2 e mércores 3 de setembro de 11:30 a 13:00 horas
  • O xoves, 4 de setembro de 11:30 a 13:00 horas. Lembrade que este día, os pais e nais de 5º E.I. e 6º E.I., en horario de 12:00 a 13:00 horas, podedes traer o material á aula dentro dunha bolsa marcada co nome do neno.Se non se pode traer ese día, entregarase o 1º día de clase.
  • O venres, 5 de setembro de 11:30 a 13:00 horas. Lembrade que este día, os pais e nais de 4º E.I., terán unha reunión ás 12:00 horas.
  • O luns 8 de setembro de 16:30 a 17:30 horas

Lembrade que o mércores 10 de setembro comezan as clases e os servizos de madrugadores e comedor, e dende ese día estaremos no local co noso horario habitual de 16:15 a 18:00 horas (de luns a xoves)


O xoves 11 de setembro teremos unha reunión ás 17:00 horas para informarvos das actividades, que coma sempre darán comezo en outubro, para este curso entre outros temas.

Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€