Borrador Calendario Escolar Curso 2013-2014

Para os que necesiteis saber maís o menos cando comeza o curso escolar 2013-2014, xa aparece pola rede un borrador do Calendario Escolar do curso que ven.

Para Ed. Primaria e 2º ciclo de Ed. Infantil as clases darán comezo o mércores 11 de setembro de 2013 e finalizarán o venres 20 de xuño de 2014, ambos os dous inclusives.

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos, e non se poderá prolongar con posterioridade ao 20 de setembro de 2013.
 
Para a ESO, Bacharelato e Formación Profesional as clases darán comezo o luns 16 de setembro de 2013 e finalizarán o venres 20 de xuño de 2014. Non obstante o anterior, para o segundo curso de bacharelato a impartición efectiva de clases rematará de acordo coas datas previstas para a proba de acceso á universidade.

Lembrade que aínda é un borrador.