02/05/2013

XVII MOSTRA DE ACTIVIDADES CULTURAIS 2013

Os participantes deberán acudir pola súa conta ao FORUM e estar no vestíbulo do mesmo a hora que se lles indique. 

A ANPA Xanela participará tanto na Exposición permanente (Manualidades), como coas actuacións dos seguintes grupos: 

Mércores 8:

  • Ritmo e Ximnasia rítmica
Actuarán no bloque das 17:00 horas. Os participantes terán que estar media hora antes do inicio do bloque.
Vestiario: Camiseta branca pagada ao corpo sen debuxo. Leggings de cor negra. Coleta alta e se non é posible un peiteado que deixe a cara despexada. 

  • Teatro
Grupo CATIVOS (Ed. Infantil) e PICARIÑOS(1º ciclo Ed. Primaria)
Actuarán no bloque das 18:00 horas. Os participantes terán que estar media hora antes do inicio do bloque. 
Vestiario: O que lles indicou a monitora da actividade. 

Grupo PICAROS (2º e 3º ciclo de Ed. Primaria)
Actuarán no bloque das 19:00 horas. Os participantes terán que estar media hora antes do inicio do bloque. 
Vestiario: O que lles indicou a monitora da actividade. 

Venres 10

  • Baile moderno
Actuarán no bloque das 18:00 horas. Os participantes terán que estar media hora antes do inicio do bloque. 
Vestiario: O que lles indicou a monitora da actividade. 

As familias que o desexen poden ver as actuacións, pero NON se poderá entrar nin saír do auditorio ata o remate do bloque. 

Os días 8 e 10 o local da ANPA permanecerá PECHADO

Ningún comentario:

Publicar un comentario