Obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego"



Abrese un novo prazo de  inscrición dos centros e do alumnado para os obradoiros do 1º e 2º trimestres.

Os "Obradoiros de iniciación á curtametraxe en galego" é dunha actividade en horario extraescolar dirixida a escolares de 5º e 6º de E. Primaria e de carácter gratuito, para aprender a redactar un guión e gravar unha curtametraxe empregando como lingua vehícular o galego e co obxectivo é potenciar as competencias orais e escritas en lingua galega asi como a capacidade creativa a través das artes audiovisuais.

En dúas sesións semanais dunha hora de duración, os períodos de realización son:
•          Primeiro trimestre (catro centros): do 10 de outubro de 2018 ao 14 de xaneiro de 2019
•          Segundo trimestre (catro centros): do 21 de xaneiro ao 12 de abril de 2019

E os horarios:
·         luns e mércores, de 16.00 a 16.50 h (xa cuberto no 1º trimestre)
·         luns e mércores, de 17.10 a 18.00 h
·         martes e xoves, de 16.00 a 16.50 h
·         martes e xoves, de 17.10 a 18.00 h (xa cuberto no 2º trimestre)

REQUISITOS:
Só poderán participar 4 grupos por trimestre, un por cada modalidade de horario. A adxudicación dos grupos farase por orde de chegada das solicitudes, sempre que se cumpra o requisito do mínimo do nº de alumnos/as.
Os grupos formaranse cun mínimo de 7 escolares e un máximo de 15. Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas coa condición de que queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de que non queden prazas, a persoa solicitante pasará a formar parte dunha lista de espera.

Precisamos que todos os nenos de 5º e 6º que esten interesados neste taller gratuito se poñan en contacto con nos indicandonos o horario e o trimestre nos que lle gustaría asistir, a data toda tope para formar os grupos sera o 8 de Octubre.