Saltar ao contido principal

Fenómeno meteorológico adverso de NIVEL NARANJA, durante el día 10 de enero de 2018


A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de NIVEL LARANXA, durante o día 10 de xaneiro de 2018, a partir das 9:00 ata as 19:00, por fortes rompes de vento, que afectarán as zonas de predición meteorolóxica Coruña Noroeste e Mariña Lucense.

Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas, acordou o seguinte:
  • A SUSPENSIÓN DE ACTIVIDADES NO EXTERIOR E EXTRAESCOLARES o día 10 de xaneiro de 2018 nos centros educativos situados nos concellos das zonas de predición meteorolóxica da Coruña Noroeste e Mariña Lucense.
  • Por parte da autoridade Educativa comunicarase este incidente ás direccións dos centros escolares, solicitando que leven a cabo esta medida e fagan un seguimentos dos partes meteorolóxicos durante a xornada na que se desenvolverán os adversos.
  • Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco superior ao declarado e pasase a unha declaración de nivel superior, as direccións poderán adoptar as decisións oportunas respecto da suspensión da actividade docente

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112.
Aviso Xunta de Galicia


As actividades que se ven afectadas no centro son:
  • Predeporte
  • Multideporte 
  • Futbol
Estas trasladaranse a instalacions interiores do centro, asi que se levarán a cabo con "normalidade"




Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€