Estamos de estrea!

Esta Semana Santa, aproveitamos para facer unha obra que estaba pendente no comedor e hoxe os nosos nenos e nenas están desfrutando dela. 

O que se fixo foi pintar o espazo e o máis importante, conseguiuse reducir o ruido, mediante a colocación dun teito e uns paneis fonoabsorbentes. Ademáis ao baixar as luminarias tamén o espazo ten máis luz e o teito novo da sensación de orde e limpeza.

Esta foi unha das cousas propostas polos socios o curso pasado e que xa é unha realidade.

Esperamos que as medidas tomadas mellores a estancia no comedor dos nosos nenos e nenas, que era do que se trataba.