22/01/2016

Comunicación sobre o tema das Actividades de POE, Deporte no Centro

A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos da Coruña,

INFORMA:

As actividades de POE, Deporte no Centro e Luditarde, que xestiona esta Federación en colaboración coas ANPAs do municipio, dependen en gran medida da renovación anual dun convenio co Concello da Coruña.

Este ano, os orzamentos están pendientes de aprobación por mor da falta de acordo dos grupos municipais. Porén e, aínda que todas as forzas políticas coinciden en apoiar a continuidade deste convenio, incluso a súa mellora, a día de hoxe non temos asegurada a financiación nin a continuidade das actividades.

Xa mantivemos conversas con todas as formacións políticas, estudando diversas opcións, e temos pendente unha xuntanza co alcalde a vindeira semana, que esperamos remate cun compromiso que garanta a continuidade dos programas.

Tentaremos por todos os medios atopar unha solución o antes posible, para solventar a situación de todas as familias e traballadores afectados, sempre no ánimo de manter os programas. As Anpas, as familias e as nenas e nenos, precisamos dese Convenio co Concello tan importante para a Escola Pública da nosa cidade, o cal permite que as actividades extraescolares cheguen a todo o mundo independentemente dos seus recursos económicos e socias, e que cumplen en moitísimos casos cunha función importantísima como é a conciliación familiar e laboral.

Manterémosvos informados das novidades e acordos aos que cheguemos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario