22 de out. de 2015

Participación on line no proceso participativo "A Porta Aberta"

Achegamos información sobre o proceso participativo "A Porta Aberta", por se é do voso interese

 
Moitas veciñas e vecinos coruñeses participaron nos 22 encontros presenciais que xa se celebraron nos barrios, e que aínda non remataron. Os encontros veciñais que quedan pendentes son os seguintes:
  • Venres 23 de outubro, no Centro Cívico de Elviña, ás 18:00 h
  • Martes 27 de outubro, no Ágora, ás 18:00 h
  • Mércores 28 de outubro, no Centro Cívico de Rosales, ás 18:00 h
  • Xoves 29 de outubro, na Asociación Tempo Novo, no Lugar de Elviña, ás 19:30 h
  • Venres 30 de outubro, no Centro Cívico de San Pedro de Visma, ás 19:00 h
Está programado un encontro específico para recoller a participación das entidades veciñais da cidade e, ademáis, estanse levando a cabo outras xuntanzas de carácter sectorial, nas que participan entidades empresariais dos polígonos comerciais de Agrela e Pocomaco, empresas de limpeza, asociacións de taxistas e correos, Colexio de Arquitectos e a Universidade.

Ata o de agora tivemos unha alta participación e recollimos moita información para volcar no traballo de definición dos futuros distritos en que se organizará a cidade, e que suporá un importante acercamento do Concello á veciñanza, e a posibilidade de implantar procesos de participación tan relevantes como os orzamentos participativos.

Aínda así, pretendemos que "a porta esté aberta" ata o final do proceso. Aberta á participación de todas as persoas que non puideron estar presentes nos encontros presenciais dos seus barrios, ou que non tiveron coñecemento deste proceso participativo.

Polo tanto, animámosvos a que participedes a través da páxina web do proxecto, e pedímosvos que fagades difusión entre todas as persoas do voso contorno para que participen e acheguen a súa opinión sobre o seu barrio e o seu distrito, a través da aplicación dispoñible neste enlace, que estará operativo ata o día 1 de novembro:


Coma sempre, agradecémosvos a vosa colaboración e o voso interese neste proceso participativo, que é só o primeiro de moitos, e nos que o Concello contará sempre, de xeito especial, co tecido asociativo desta cidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario