22 de dec. de 2014

Xa temos gañadora da cesta


Onte púxose en contacto con nós a persoa que mercou a rifa que resultou gañadora no sorteo do venres na festa de Nadal.

E hoxe, viñeron xa a recollerla. Velahí tedes a gañadora, que é unha nena do colexio, ou mellor dito a súa familia

Disfrutádea!!!


Noraboa!!!


Felices Festas a tod@s!!!

20 de dec. de 2014

Sorteo Rifa Nadal


Na festa de Nadal de onte pola tarde, realizouse o sorteo da rifa para a cesta.
O número agraciado foi o: 0957

Xa nos puxemos en contacto coa persoa que vendeu esa rifa, e estamos a espera de noticias dela, xa que vai tentar atopar á persoa agraciada.

O prazo para vir buscar a cesta remata o venres, 26 de decembro de 2014 ás 14:00 horas

19 de dec. de 2014

Rifa de Nadal

Onte non  resultou agraciado ninguén coa cesta de nadal que rifaban os nenos de 6º para a excursión. Esta tarde, na festa de Nadal faremos un sorteo entre todos os números que se xogaron.


Sorteo del Jueves

12 de dec. de 2014

Cabalgata de Reis 2015

Luns 5 de xaneiro de 2015

As súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán ás 17.30 horas en coches de época ao campo de fútbol Víctor Fernández Alonso, onde serán recibidos por 90 paxes reais, os artistas de Manicómicos e tres charangas que poñerán a nota musical.

O percorrido polas rúas da cidade iniciarase ás 18.00 horas pola rúa Salvador de Madariaga.

Máis información

Xadrez. Torneo de decembro. Resultados venres 5 de decembro

AVISO

A xornada prevista para o venres 19 de decembro anúlase por mor das festas de nadal.
 

O Torneo de xadrez do mes de decembro, terá dúas xornadas. A que xa pasou do venres 5 de decembro e a de hoxe 12 de decembro.

Voltarán os torneos a partir do venres 16 de xaneiro.
Deixamosvos aquí os resultados da 1ª xornada deste torneo.

Resultados 5 de decembro

Felices Festas!!!

5 de dec. de 2014

Xadrez. Torneo de novembro

Tedes no noso blog de xadrez os resultados do torneo de Xogos Escolares celebrado no mes de novembro, no que os gañadores tanto na categoría benxamín como alevín foron do noso equipo Xanela.


Ver noticia

Noraboa!



4 de dec. de 2014

Atletismo

Novas

 
  •  Xa temos os Resultados da Xornada de Campo a través, que se celebrou en Sada o sábado 29 de novembro. Ver máis

  • Estamos en prazo para facer a inscrición da 2ª xornada de Campo a través que se celebrará na zona da Torre o sábado 13 de decembro. Ver máis

III TORNEO SOLIDARIO 5 CORUÑA FUTBOL SALA



Outro ano máis, o 5 Coruña organiza o evento solidario que terá caracter participativo e está enfocado á promoción e á práctica deportiva a través da que os máis pequenos poidan colaborar cos que máis o necesitan este Nadal.

Lugar: Palacio dos Deportes de Riazor
Día: Sábado 27 de Decembro
                                     Horario:
                                                 □ Prebenxamín e Benxamín: Comezo ás 15:30 horas
                                                 □ Alevín: Comezo ás 17:45 horas

O obxectivo do evento é colaborar:
  1. Cada neno entregará un xoguete novo para a campaña de Reis.
  2. Cada adulto que acuda ao evento entregará un quilo de comida no perecedoira.
  3. Tamén se recollerán tapóns de plástico.

 Grazas pola túa colaboración


1 de dec. de 2014

Campamento de Nadal no CEIP María Pita


Campamento tamén no CEIP Ramón de la Sagra.


Avisos de NADAL



Festa de Nadal. Dende o luns 1 e ata o luns 15 de decembro, os socios podedes vir recoller as invitacións gratuítas para a festa de Nadal, que se celebrará o venres 19 de decembro. Haberá actuacións, sorteos, karaoke, a tradicional chocolatada e por suposto visita SSMM Reis Magos de Oriente. Ese día non haberá actividades extraescolares nin servizo de biblioteca. Máis información.
 




Campamento de Nadal 2014. Dende o luns 1 e ata o mércores 17 de decembro, estará aberto o prazo para anotarse ao Campamento de Nadal, a celebrar dende o 22 de decembro ata o 7 de xaneiro. Lembrade que as prazas son limitadas. Máis información

Campaña solidaria. Os días 16, 17 e 18 levaremos a cabo una campaña de recollida de xoguetes e alimentos non perecedoiros. Infórmate na ANPA.

Obxectos perdidos. O xoves 18 de decembro pola tarde, levarase todo o que estea en obxectos perdidos a unha ONG. Lembrade ir mirar antes por se tedes algo que poida ser voso.

Días non lectivos e vacacións.
  • Lembrade que o luns 8 de decembro, e festivo nacional e non haberá clase.
  • O venres 19 de decembro é o último día de clase antes das vacacións de Nadal.
  • Voltamos ás clases o xoves 8 de xaneiro de 2015.


29 de nov. de 2014

Rifas de Nadal


Xa NON quedan talonarios para as rifas para a cesta de Nadal!!!

Lembrade que hai que devolver as rifas non vendidas e o diñeiro antes do 15 de decembro.

As rifas para o sorteo da cesta de Nadal corresponden ao sorteo de Loteria Nacional do xoves 18 de decembro de 2014. O sorteo chámase así "Sorteo del jueves" que é como aparece nas rifas.
Lembaramos que para recoller a cesta hai que traer a rifa e que ésta caduca aos sete días da celebración do sorteo.
 
Pódese vir buscar a cesta o venres 19 de decembro de 2014 pola tarde, na festa de Nadal.

Se non lle tocase a ninguén a cesta no sorteo, farase un sorteo cos números vendidos e, ao azar, escollerase un. Contactarase coa persoa que vendeu ese número para ver de localizar ao gañador.

28 de nov. de 2014

Campaña de esquí - 2015


CAMPAÑA DE ESQUÍ - 2015
DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA


Ver información e ficha de inscrición

Campaña de inverno para rapaces e rapazas nados nos anos 2001, 2002, 2003, 2004, 2005, residentes en calquera municipio da provincia.


Os participantes gozarán dunha fin de semana na estación de Manzaneda ademais dos cursiños de esquí.

Ao municipio da Coruña correspóndelle a 3ª quenda do 13/02/2015 ó 15/02/2015

Inscrición:
Nos concellos respectivos

Información:
Gabinete de Deportes da Deputación da Coruña
Telf.: 981 080 327 - Correo e.: gabinete.deportes@dicoruna.es
www.dicoruna.es/deportes/actividades

INSCRICIÓNS:
No teu concello con data límite o 19 de decembro de 2014
(Os concellos adiantaranlle a Deputación, unha vez feito o sorteo, a listaxe dos nenos e nenas, tanto por rexistro de entrada como no correo e.: gabinete.deportes@dicoruna.es, con data límite o 30 decembro de 2014)

INFORMACIÓN XERAL

LUGAR: A Pobra de Trives (Ourense)
ALOXAMENTOS: Estación Invernal de Manzaneda.
DURACIÓN: unha fin de semana, entrada o venres antes da cea, saída domingo despois da comida.

COTA DE INSCRICIÓN: No transcurso da inscrición será facilitado pola Deputación un número de conta onde se aboará a cota de 60 €, facendo constar o nome do neno, concello e CAMPAÑA DE ESQUÍ
2015.
INCLÚE: Transporte, estadía e manutención en hotel na estación invernal de Manzaneda, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material incluído o casco, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.

DOCUMENTACIÓN QUE SE ENTREGARÁ
DOCUMENTACIÓN:
para a formalización da inscrición debes entregar no teu concello:
1.- Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titor/a do/a solicitante
2.- Unha foto tipo carné
3.- Fotocopia da tarxeta sanitaria
4.- Carné de identidade ou fotocopia do libro de familia.
5.- Copia de aboamento da cota de inscrición. (Cando a praza estea confirmada e no número de conta dado pola Deputación e publicado na súa web)
6.- No caso de que o neno/a tivese tratamento ou doenza que teña que ser tido en conta, axuntarase
certificado médico asinado por facultativo. De igual xeito no caso de medicación específica ou alerxia alimentaria ou doutro tipo.

EQUIPO RECOMENDADO- Guantes.
- Gorro.
- Gafas de esquí e de sol.
- Anorak térmico.
- Pantalón impermeable ou similar.
- Pixama, roupa interior.
- Roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros).
- Equipamento deportivo (camisetas, pantalóns,
calcetíns, chanchetas para ducha, chándal e zapatillas
de deportes).
- Toallas de baño.
- Útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante).
- Crema protectora do sol, factor 15 mínimo.
- Chuvasqueiro.
- Mochila pequena.
- Bañador, toalla, gorro e gafas para piscina.

IMPORTANTE:

O material propio da actividade deportiva, entregaráselle a cada participante durante a celebración
da Campaña de Esquí.

24 de nov. de 2014

Xogade. Atletismo


Este sábado, 29 de novembro de 2014, comezan as competición de XOGADE. Teremos que estar antes das 10:30 horas no circuito.

1ª Xornada de Campo a través no Circuíto de Mondego (Sada). 

Autobús ás 9:30 horas na porta de buses do colexio

Ver información no blog de Atletismo

20 de nov. de 2014

Eleccións ao Consello Escolar

Lembrade que o luns 24 de novembro de 2014, celébranse as eleccións ao Consello Escolar.
O horario será dende as 17:00 da tarde ata as 20:00 horas.
Traede o DNI. Poden participar todos os pais, nais e titores legais que estean no censo. 

 Polos nos@s fill@s!!!               Participemos!!! 

18 de nov. de 2014

III Xogos Escolares: Xadrez. Torneo Novembro (venres 21)



Lembrade que este venres voltamos a desfrutar dunha tarde de Xadrez no Palacio dos Deportes de Riazor. Continuanos coas partidas do torneo deste mes de novembro.

Máis información no noso blog de Xadrez.

17 de nov. de 2014

IV Concurso Escolar de Postais de Nadal (Concello da Coruña)


IV CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL
Poderán participar todos os escolares de Educación Infantil e Primaria escolarizados nos centros educativos do Concello da Coruña
Bases
1. O tema das postais será a felicitación do Nadal e do Ano novo.
2. A técnica será libre. Non entanto, as purpurinas e as tintas metálicas non serán admitidas.
3. As dimensións máximas das postais serán 210 x 297 mm (A4). O formato da imaxe será libre sempre e cando respecte as dimensións anteditas e por unha soa cara.
4. Non se admitirán os traballos que veñan pregados.
5. No reverso da postal constará:
  Título do traballo.
  Nome e apelidos da autora ou autor.
  Curso e nome do centro educativo.
6. Haberá dous premios, que serán dous vídeo consolas. A mellor postal será a felicitación oficial do Concello do Nadal e Ano Novo.
7. As postais entregaranse ou remitiranse a:
IV CONCURSO ESCOLAR DE POSTAIS DE NADAL
Concellaría de Educación, Deportes e Xuventude
Casa Paredes. Avda. da Mariña, 18 - 2a
15001 A Coruña
8. O prazo de presentación das postais ábrese o 17 e péchase o 28 de novembro 2014.
9. O xurado estará composto polo Concelleiro de Educación, Deportes e Xuventude ou persoa en quen delegue, e catro vogais que serán dous técnicos de Educación e outros dous de Cultura.
10. A resolución do xurado darase a coñecer o 5 de decembro de 2014. O resultado comunicaráselle directamente ao centro e ao mesmo tempo remitirase aos medios de comunicación.