
"Co fin de estimular o exercicio efectivo da participación dos alumnos nos centros educativos e facilitar o seu dereito de reunión, os centros educativos establecerán, ao elaborar as súas normas de organización e funcionamento, as condicións nas que os seus alumnos poden exercer este dereito. Nos termos que establezan as Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando teñan sido resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro. "
É dicir, que se o alumnado dun centro se reuniu en Asemblea e decidiron non asistir a unha ou a varias clases, durante un ou varios días (o que é unha folga de estudantes), abonda con el e coa comunicación á dirección. Para os alumnos onde non se realizasen Asembleas (motivo polo cal as Administracións intentan prohibilas con variados argumentos), será de aplicación a falta de asistencia e a necesidade de xustificala. O mesmo acontece co alumnado que estea nun curso inferior ao terceiro da ESO
Para xustificar as devanditas faltas serven o modelo adxunto, que foron revisados por un asesor xurídico.