Campamento Semana Santa - ANPA Xanela

Non vos esquezades!

O xoves 21 de marzo remata o prazo para apuntarse no Campamento de semana santa que se celebrará no colexio os días 25, 26 e 27 de marzo de 10 a 14 horas e tendo a posibilidade tamén de entrar as 9.
Haberá xogos, talleres, carreiras, xogos tradicionais, carreiras de orientación...
Para os nen@s de 4º E.I. pódese chegar a formar grupo sempre e cando o número de nen@s sexa de 8 ou superior.

Para anotarse ou buscar máis información dirixídevos ao local da ANPA de luns a xoves de 16 a 18 horas.

Anímate e participa!