Saltar ao contido principal

Remate das clases do curso 2012-2013

Hoxe, día 21 de xuño rematan as clases do presente curso.

Lembrade que a semana que ven estaremos no local da ANPA os días 25, 26 e 27 de 16:30 a 17:30, para:
  • Renovar a cota de socio ou daros de alta.
  • Solicitude dos servizos de madrugadores e comedor.
  • Deixar os libros de texto que querades donar ao banco de libros e facer a solicitude dos libros que queredes para o curso que ven.
  • Deixar prendas do uniforme, chandals e mandilóns no banco de uniformes.
Lembrade tamén que a solicitude para a axuda para os libros de texto remata o 3 de xullo (só para primaria).

Esperamos poder repartir as doazón dos libros de texto do banco os días 3 e 4 de xullo de 11:00 a 13:00

Voltaremos a estar no local os días 5 e 6 de setembro de 11:00 a 13:00.
Tamén temos a previsión de estar os días 9 e 10 de setembro de 16:30 a 18:30.
Lembrade que as clases comezan o mércores 11 de setembro, e ese día xa haberá servizo de madrugadores e comedor.

Feliz verán!

Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€