29 de maio de 2015

II Concurso de Blogs de aula en galego



 
Noraboa!!!

Os nosos nenos en nenas de 6º de Primaria están de noraboa porque o seu traballo foi recoñecido, xa que acadaron o terceiro premio no II Concurso de Blogs de Aula en galego, no que participaban cerca dun centenar de escolares procedentes de diversos centro da cidade.


"O terceiro premio foi para o blog “Investirruamos”, (http://investirruamos.blogspot.com.es/) desenvolto por alumnado do CEIP María Pita, que aborda temas diversos relacionados coa cidade.  

O concurso está incluído dentro das actividades desenvolvidas polo Servizo Municipal de Educación no seu programa Coruña Linguas. Os seus principais obxectivos son potenciar a comprensión e a expresión oral e escrita, ademais de fomentar a creatividade nos escolares na etapa de Educación Primaria e de aqueles que conten coa necesidade específica de apoio educativo. 

Para iso, os escolares teñen que crear e desenvolver un blog de temática libre dentro da aula escolar. Ao certame presentáronse cerca dun centenar de escolares procedentes de diversos centros da cidade. 

No caso do blog clasificado en terceiro lugar tívose en conta a variedade temática, as presentacións didácticas e a participación do alumnado."

Ningún comentario:

Publicar un comentario