Charla/coloquio. Aplicación da LOMCE na ESO



Lembrade que o sábado 30 de maio, ás 10,30 horas na Federación Prov. de ANPAS, rúa Orzán Nº 21 da Coruña, teremos unha charla/coloquio na que falaremos dos cambios no Currículo na ESO contemplados na LOMCE á que volvemos a convidarvos.



 
"Seguindo coa rolda de charlas explicativas do desenvolvemento da LOMCE e a súa aplicación na nosa Comunidade, nesta ocasión convocamosvos para falar do CURRICULO NA SECUNDARIA E BACHARELATO (itinerarios en 3º da ESO, Reválida de 4º da ESO e 2º de Bacharelato…) 

Actuarán como relatores Helena Gómez Vecino, presidenta de CONFAPA-GALICIA, e Jose M. Fuentes Fariña, en representación da Plataforma en Defensa do Ensino Público. O que pretendemos é facer desta convocatoria un espazo informativo e participativo, con todos vós."

DÍA:          SÁBADO DÍA 30 DE MAIO
HORA:     10:30 horas (duración aprox. de 2 horas)
LUGAR:   Sede da Federación Provincial, Rúa Orzán nº 21 da Coruña.