Xa está dispoñible a Ábaco Familias, unha ferramenta que nos permitirá estar máis conectados e acceder de forma sinxela á información, actividades, avisos e comunicacións da nosa AFA.
1. 👉 Ligazón: web Ábaco
2. Buscade a nosa AFA
Ao abrir a web de Ábaco, escribide o nome da nosa AFA no buscador e seleccionádea na lista.
3. Verificade o voso número de teléfono
Introducide o número de teléfono móbil e recibiredes un código por SMS para confirmar a vosa identidade.
4. Rexistrade a vosa familia
Completade os datos solicitados para identificar a vosa unidade familiar e formar parte da comunidade da AFA.
Antes de realizar o pagamento da cota, é imprescindible que todos os membros da unidade familiar estean correctamente rexistrados na aplicación.
Cando un dos proxenitores se dá de alta e crea a familia, dende a propia aplicación envíase unha invitación ao outro proxenitor mediante unha ligazón para que poida rexistrarse e unirse á mesma unidade familiar. Deste xeito, ambos formarán parte da mesma familia dentro da aplicación e poderán acceder á información e ás xestións da AFA desde os seus respectivos dispositivos de maneira independente.

