Saltar ao contido principal

Este ano compartiremos a saída dos Reis Magos de Oriente

O equipo directivo do centro comunicounos que este día 5 de xaneiro de 2025 os Reis Magos sairán cas súas carrozas da Rolda Camilo José Cela. Para se preparar, utilizarán tanto o noso colexio coma o veciño Ramón de la Sagra. Indícannos que para poder participar do evento dun xeito organizado temos que acudir á hora indicada e facernos ver. En canto á indumentaria, solicitamos ás familias que os nenos leven posto a camiseta amarela que utilizamos na Enki ou un chaleque reflectante (coma os do coche). 

A cabalgata partirá ás 18.00 horas. Así as cousas, convidamos ás familias a estar no colexio ás 17.00 horas para nos reunir dentro do recinto e recibir á comitiva real ás 17.15. O punto de encontro será o mural pintado nunha das paredes do cole (de cor morada). Entendemos que se poderá acceder pola entrada da Rolda de Camilo José Cela.

Unha vez reunidos alí, poderemos facer unha foto cas súas maxestades e máis ca alcaldesa da cidade, Inés Rey. 

Animadevos!

Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€