Festa de Entroido no cole



O venres 9 de febreiro celebramos unha festa de Entroido no noso colexio. Será de catro e media da tarde ata as sete e media. Ese día, coma é habitual, non haberá actividades extraescolares. Durante a festa contaremos con hinchables, obradoiros de manualidades, pintacaras, desfile e concurso de disfraces. Ademais, á entrada, aos nenos e nenas entregaráselles unha bolsa coa merenda. Os menores deben estar acompañados dun adulto durante a celebración. 

Todos os cativos e cativas de máis de 3 anos que accedan á festa o farán con convite. Será de balde para socios da Anpa Xanela*, pero obrigatorio para entrar no centro esa tarde. Para os non socios, cada convite ten un custe de 12 euros. Poderánse recoller no local da asociación (onda a entrada de Ed. Infantil) o 23, 25 e 30 de xaneiro e o 1 de febreiro de 16.00 a 18.00 horas. NON SE ENTREGAN BAIXO NINGÚN CONCEPTO CONVITES A PARTIR DAS 18.00 HORAS DO DÍA 1 DE FEBREIRO. Os que non poidan acudir a recoller o convite persoalmente, poderán enviar outra persoa en representación cunha autorización asinada que inclua o nome do alumno/a.

Esperamos que todos gocen da festa e que veñan con disfraces orixinais ou tradicionais, pero sobre todo con ganas de pasar un rato estupendo antes do descanso do Entroido. 


*As familias que formalicen a súa inscrición na Anpa Xanela despois do 1 de febreiro de 2024 ás 18.00horas non terán convite gratuito.