Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: decembro, 2023

Festa de Nadal

 A Asociación de Nais e Pais Xanela do Colexio María Pita organiza un ano máis a Festa de Nadal, que se celebrará o 21 de decembro, entre as 16:30 e as 19:30 horas. A festa incluirá: -Visita de Papá Noel, que repartirá sorpresas -Discoteca infantil -Badaladas -Obradoiro de adornos de Nadal -Chocolate con churros O chocolate, proporcionado por Jardanay, será vendido polo alumnado de sexto de primaria que, deste xeito, poderá financiar parte da súa viaxe de fin de curso.  O alumnado socio da anpa poderá acceder á festa de balde, previa retirada de convite, mentres que os non socios deberán pagar 12 euros por neno/a. A anpa facilitará as entradas os días 14 e 19 deste mes de decembro no seu local entre as 16 e as 18 horas.  Os nenos/as deberán ir acompañados canto menos dun adulto que se faga responsables deles. A entrada se realizará pola porta da pista cuberta, onda a libraría Area.  Quedan suspendidas ese día as actividades extraescolares. 

Campa Nadal 23/24

 A Anpa Xanela organiza o campamento de Nadal 23/24 que se desenvolverá entre o 22 de decembro e o 5 de xaneiro do vindeiro ano e que estará organizado a través da empresa colaboradora Serocio. O campa cobre as necesidades de conciliación entre as 7:45 e as 16 horas, ao incluír servizo de madrugadores e comedor, ademáis do campamento en si.  As inscricións pódense facer a través da web de Serocio , mentres que nos servizos de comunicación da anpa podes atopar toda a información que precises. Lembra que por ser socio da Anpa terás acceso a un desconto no prezo final do campamento.  Este ano, por decisión do Consello Escolar do CEIP María Pita, o acceso ao campa estará limitado ao alumnado do propio centro.