Saltar ao contido principal

Nova Xunta Directiva


A nova xunta directiva da Anpa Xanela do Colexio María Pita da Coruña está en proceso de toma de posesión dos seus cargos. Pregamos paciencia á comunidade educativa ata a reunión de presentación. Grazas pola vosa colaboración, necesaria para seguirmos a mellorar o que o centro lles ofrece ás nosas nenas e ós nosos nenos.

Aproveitamos esta entrada no blog para lembrar as vantaxes de sermos socios. A Anpa é fundamental para o funcionamento extracurricular do cole. Coa cota que achega cada socio ó curso, conseguimos que o alumnado estea asegurado durante a súa presenza no centro fóra do horario lectivo. 

Ademais, organizamos festas como as de Entroido e Nadal. Colaboramos con gastos extraordinarios do centro e temos un local dispoñible catro horas á semana para que os socios acudan cando o precisen. 

A asociación de nais e pais é a que organiza os servizos de madrugadores, comedor e as actividades extraescolares, con empresas colaboradoras como Jardanay e SerOcio, pero tamén coa Federación de Anpas. Tamén traballamos co Concello da Coruña, que organiza os cursos de natación. 

Grazas a tódolos socios e socias somos quen de facer un mellor colexio para os nosos nenos e nena, obxectivo que vai máis aló do estrictamente académico. 

Por iso agardamos a túas achegas, suxestións e propostas. O traballo feito durante estes últimos anos é moi grande; tanto ou máis como o que queda por facer.


Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€