Saltar ao contido principal

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS PROGRAMA BOLSA COMEDOR 2019/2020




Hoxe 4 de setembro de 2019, publícanse nas oficinas dos rexistros municipais, taboleiros de anuncios dos centros cívicos municipais, no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, na páxina web municipal da área dos servizos sociais e no teléfono de información cidadá 010 do Concello da Coruña, as listaxes provisionais de admitidas/os e excluidas/os da convocatoria do Programa de bolsas de comedor do Concello da Coruña para o curso 2019-2020.
A información pódese obter na web municipal de servizos sociais (www.coruna.es/serviciossociales), no teléfono 010 de información cidadá e nos centros cívicos municipais.

Nesta listaxe indícanse as causas de exclusión e concédese un prazo de 10 días hábiles para emendar a documentación as persoas que teñan un requerimento dela  que será do 5 ó 18 de setembro de 2019, ambos os días incluídos.
 

Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€