Recordatorio Apertura Prazos de Renovación e Alta de Socios e Solicitude Praza Comedor e madrugadores.


Mañán 10 de Xuño abren os prazos de:


RENOVACION E ALTA DE SOCIOS NOVOS

O alta ou renovación do socio na ANPA realizarase a través da nosa páxina web cubrindo o  seguinte formulario.  

Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude na dirección de correo electrónico indicada no mesmo.  Tamen se recibirán por correo as instrucción para realizar o pago da cuota correspondente da ANPA.

A pesar de que a inscrición se realizará por medios electrónicos, poderase acudir á oficina da ANPA no caso de que se teña problemas para cubrila.



SOLICITUDE PRAZA SERVICIO COMEDOR E MADRUGADORES

Lembramos que é obrigatorio ser socio da ANPA para facer uso dos servizos de comedor e madrugadores.


O alta ou renovación do servizo de comedor e/ou madrugadores realizarase a través da páxina web Jardanay cubrindo os correspondentes formularios.



Unha vez dentro da zona privada, os diferentes formularios aparecerán na parte esquerda da pantalla. No caso de querer solicitar máis dun servizo, deberase encher e enviar un formulario de cada vez.

Se o formulario está correctamente rexistrado, recibirase unha copia da solicitude á dirección de correo electrónico indicada no mesmo. Lembramos que o enchemento do formulario implica unha “solicitude de praza”. A confirmación da mesma recibirase a partir do 1 de xullo por correo electrónico á dirección indicada no formulario.


A pesar de que a inscrición se realizará por medios electrónicos, poderase acudir á oficina da ANPA ou ás oficinas de Jardanay no caso de que se teña problemas para cubrila.