20 de xuño de 2018

LISTADOS PROVISIONAIS DE BOLSAS DE COMEDOR




A próxima semana, a partir do día 27 de xuño, a lista provisional de admitidos/as e excluídos/as estará dispoñible para a súa consulta:


Na lista de excluídos/as indicaranse as familias ás que se lle require documentación, as que teñen a documentación completa, e as que teñen a bolsa denegada e o motivo da mesma.
Nos casos de requerimento da documentación, os interesados teñen un prazo máximo de 10 días hábiles para emendar a documentación requirida, advertíndoselle que, no caso de non facelo, teráselle por desistido/a da súa solicitude de bolsa de comedor para o curso 2018/2019.
Si, alguna familia non está de acordo cá denegación,  agora NON  é o momento de presentar alegaciónsDe presentalas estarían fóra de prazo. O momento de presentalas, será nun prazo de 10 días hábiles posteiores á publicación das listaxes predefinitivas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario