05/06/2018

Campamentos urbanos dos Centros Cívicos Municipais.




Infórmase da  convocatoria de  Campamentos urbanos dos Centros Cívicos Municipais. A preinscripción para os mesmos, será o mércoles, xoves e venres desta semana, e decir, o 6, 7 e 8 de xuño  en horario de 11.00 a 13.30 horas e de 17.00 a 20.00 horas


TEMÁTICA DO CAMPAMENTO  Nos campamentos realizaranse actividades lúdicas, xogos cooperativos, produccións plásticas, etc. En todas as xornadas adicarase unha hora diaria á práctica da lingua inglesa.  Haberá unha excursión en cada quenda, agás nas quendas 1 e 6 (de 10.00 a 18.00 h aprox.).

QUENDAS (Non haberá campamento os fins de semana nin fesvos) 
Quenda 1, do 25 ao 29 de xuño 
Quenda 2, do 2 ao 13 de xullo 
Quenda 3, do 16 ao 31 de xullo  
Quenda 4,  do 1 ao 14 de agosto 
Quenda 5,  do 16 ao 31 de agosto 
Quenda 6,  do 3 ao 7 de setembro

OFERTA DE CAMPAMENTOS   Centros cívicos que ofertan todas as quendas:   Castrillón, Cidade Vella, Eirís, Elviña, Labañou, Os Mallos, Mesoiro, Monelos, Monte Alto, Novoboandanza, Palavea, Rosales e San Diego. 
Centros cívicos onde se ofertan so as quendas 2 e 3: A Silva, Artesáns, Santa Margarida, Pescadores e San Pedro de Visma.
HORARIO  Horario xeral,  de 10.00 a 14.00 h   Horario ampliado, de 9.00 a 14.30 h,  só  nos centros cívicos  onde se ofertan todas as quendas

PREINSCRICIÓN No centro cívico onde se desexe solicitar a praza, os días 6, 7 e 8 de xuño, no horario de 11.00 a 13.30  e de 17:00 a 20:00 h. Descarga o formulario aqui
SORTEO PÚBLICO En cada centro cívico o 8 de xuño  as 20.15 h.  O sorteo das prazas de NEE e discapacidade realizarase no centro cívico de Labañou. 
LISTAXE DE ADMITIDOS/AS E DE RESERVAS 19 de xuño nos centros cívicos, no Teléfono 010 e na web municipal  www.coruna.gal/serviciossociais
INSCRICIÓN
As datas da inscrición comunicaranse nos centros cívicos e na páxina web municipal  o día da publicación das listaxes.  Para formalizar a inscrición no centro cívico onde se obtivo a praza será necesario: − Aboar o custo do campamento urbano  − Achegar unha fotocopia da tarxeta sanitaria do/da menor  e asinar as autorizacións correspondentes

 Ofértanse prazas para nenos e nenas con necesidades educativas especiais (NEE) ou discapacidade, en grao que non lles impida participar nas actividades co grupo. As prazas serán repartidas entre as distintas quendas. Contarán con monitorado de apoio que non realizará tarefas de carácter hixiénico ou sanitario.

Ningún comentario:

Publicar un comentario