Horario: semana do 18 ao 22 de xuño

Xa non hai actividades nin biblioteca, pero nos continuamos co traballo

Esta semana abriremos o local da ANPA de Luns 18 a Mércores 20: 16:15 a 18:00

Poderedes facer as seguintes xestións:
  • Renovación de socios para o curso 2018-2019.
  • Renovoación e alta de servizos: madrugadores e comedor
  • Banco de uniformes. En horario habitual, teremos o banco de uniformes activo para que veñades ver se algo os pode servir. Temos mandilóns, zapatillas para música, saias, pantalóns, xerseis e polos. Tamén queda algún chandal.
E para rematar a semana Xoves 21 de 16:30 a 19:30 FESTA FIN DE CURSO!!!!!!