Saltar ao contido principal

Listen and Speak. Aberto o prazo de inscrición

Xa está aberto o prazo para facer a inscrición para a actividade de Listen and Speak.
Trátase dun programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en lingua inglesa.
Está orientado á certificación internacional do Trinity College London, dacordo cos niveis do Marco Europeo das linguas.

Trimestralmente se fará unha revisión do número de asistentes para comprobar que se mantén a ratio mínima, de non ser así, e previo aviso, poderase suspender a actividade para o seguinte trimestre.
Ratio mínima de 12 e máxima de 15 persoas.
 

Período de realización
Do 6 de outubro de 2015 ao 31 de maio de 2016

Horario Cada grupo recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos cos seguintes horarios no noso colexio:
  • 3º e 4º Primaria. Martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas
  • 5º e 6º Primaria. Martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas
Inscrición
A inscrición farase na web educativa do concello. Deixamos aquí o enlace. Ficha de inscrición on-line
O prazo de inscrición é do 10 ao 25 de setembro
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

As listaxes de admitidos publicaranse na web educativa (www.edu.coruna.es) a inicios de outubro.
 
Criterios para a admisión:
1. Escolares do propio centro seleccionados por riguroso orde de inscrición.

2. Escolares doutros centros (sempre que o aprobe o Consello Escolar do centro receptor)

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, o solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda

Publicacións populares deste blog

  MENÚ JARDANAY 3º TRIMESTRE CURSO 24-25

Alta Socio/a Anpa Xanela - curso 25/26

 
FESTA DE FIN DE CURSO 24-25 - Fecha: Viernes 20 de Xuño de 2025 - Horario: De 16:30 a 19:00 - Entrada: CEE Nuestra Señora del Rosario Ese día non hai  actividades extraescolares, os nenos serán entregados no comedor como máximo as 15:55h - Socios: entrada GRATUITA - Non Socios: 12€