Para as novas xeracións, nacidas na era de Internet e as redes sociais, as tecnoloxías da información e a comunicación (TIC) forman parte da súa vida cotiá, o que xerou un cambio nas formas de comunicación e de relación entre as persoas; beneficiándose das innumerables vantaxes que leva consigo: información ao seu alcance, posibilidade de comunicación coas súas amizades, ocio a través de vídeos, música, xogos, etc.
Aínda que son indubidables os beneficios e oportunidades que ofrecen estas ferramentas, debemos ser conscientes que tamén entrañan riscos e perigos, sobre todo nos menores de idade, que acceden dende moi pequenos ao mundo dixital, as redes sociais, os teléfonos móbiles ou as súas aplicacións.
O labor de pais, nais, titores e educadores é un factor clave e primordial no diagnóstico, prevención e actuación ante estas situacións, debendo acompañar aos seus menores no uso responsable das TIC e Internet.
O curso "Seguridade TIC e menores de idade" formúlase coa finalidade de que pais, nais, titores e educadores coñezan e interioricen os diferentes riscos aos que se poden enfrontar os menores de idade, no seu uso cotián das novas tecnoloxías da información e a comunicación (TIC).
Os contidos deste curso online preséntanse en obxectos de aprendizaxe multimedia, a través de secuencias que abordan os riscos TIC dunha forma práctica e amena, baseadas en casos/situacións, tanto no ámbito familiar coma no escolar. Ademais, os estudantes dispoñerán de múltiples materiais e recursos (unidades didácticas, xogos/actividades para o fogar, monográficos, etc.), e terán a oportunidade de compartir de forma colaboradora experiencias e actividades usando ferramentas e aplicacións 2.0.
Duración: 6 semanas. | 30 horas lectivas.

Empeza o luns 25 de maio e remata o luns 6 de xullo de 2015.
Enlace para matricularse:
http://formaciononline.Enlace para matricularse: