Publicación no DOG do Calendario Escolar para o curso 2013/2014

Hoxe publícase no DOG a aprobación do calendario escolar para o curso escolar 2013/2014.

Para Ed. Primaria e 2º ciclo de Ed. Infantil as clases darán comezo o mércores 11 de setembro de 2013 e finalizarán o venres 20 de xuño de 2014, ambos os dous inclusives.

O período de adaptación do alumnado de educación infantil que se incorpora por primeira vez ao centro, terá a mínima duración posible que permita acadar os seus obxectivos, e non se poderá prolongar máis de 10 días lectivos dende a data de inicio das clases.


 
Para a ESO, Bacharelato e Formación Profesional as clases darán comezo o luns 16 de setembro de 2013 e finalizarán o venres 20 de xuño de 2014.