24/04/2013

25 ABRIL: PECHE NO CEIP MARIA PITA ÁS 19:00 HORAS



O Consello de Estado xa aprobou a súa ditame sobre a LOMCE, polo que pode ir ao Consello de Ministros o 26 de abril ou o 10 de maio. Temos que deixar moi claro a nosa oposición a esta Lei, unha contrarreforma ideolóxica, segregadora, que nos volverá a remitir a un ensino só para as clases sociais mais favorecidas.

Temos que mostrar a nosa clara oposición a súa aprobación e para iso non podemos mais que participar nas accións en contra da Lei, que se están a convocar en Galicia e en todo o Estado. Témonos que unirnos para demostrar que a Comunidade educativa está en contra da Lei Wert e dos recortes no ensino que virán como consecuencia, estamos xa tratando de parar o novo decreto de comedores que obrigará a repagar un servizo público, un dereito constitucional.
INVITAMOSVOS E DESEXAMOS CONTAR CON VOS NO SEGUINTE ACTO PREVIO A FOLGA XERAL DA EDUCACIÓN DO 9 DE MAIO




DÍA 25 de ABRIL: PECHE NO CEIP MARÍA PITA ás 19:00 horas


¡¡¡EN DEFENSA DO ENSINO PÚBLICO!!!: MÓVETE

NON Á LOMCE, NON AOS RECORTES

Ningún comentario:

Publicar un comentario