Garda e Custodia 🚸



Servizo concibido como unha alternativa ao servizo de comedor, dirixida ás familias que desexan recoller os seus fillos e fillas  entre as 14:00 e as 14:30.

Características

  • A recollida realizarase exclusivamente ás 14:30, non estando permitido recoller antes desa hora
  • A contratación do servizo realízase por semanas completas, é dicir, de luns a venres. Polo momento non existe a opción de uso esporádico nin por días soltos
  • O prezo mensual é de 30,87 €
  • Non se permitirá o consumo de ningún tipo de alimento durante o horario de Garda e Custodia

Nunha fase inicial, se o número de nenos e nenas é reducido, integraríanse co alumnado que asiste ao comedor. No caso de que a demanda aumentase, o servizo xestionaríase de maneira independente: cun mínimo de 15 nenos/as, obtense un monitor específico e así poderían permanecer nunha aula e non dentro do comedor.

 

Formalizar inscrición

Enviar un correo electrónico a comedor@jardanay.es  indicando no asunto:
 

SOLICITUDE SERVIZO GARDA E CUSTODIA MARIA PITA  +  datos do/a alumno/a

 

Servizo xestionado pola empresa Jardanay.

O prazo xeral para realizar altas, baixas ou modificacións remata o día 26 de cada mes, facéndose efectivas o día 1 do mes seguinte.