Uniforme, chandal e mandilón

Aconsellamos marcar co nome do neno ou nena a roupa que poidan sacar: xersei, chaqueta, abrigos... Tamén as mochilas e neceser para o comedor.

  • Lembrade que do chándal facemos pedidos á distribuidora dende a ANPA en setembro que os serve nuns 15 días. O que pedimos é de acetato. Soemos facer un pedido en setembro e pódense facer máis ao longo do curso, sempre e cando este sexa de máis de 5 artígos. Aínda non temos os prezos para este curso 2017-18, pero os do curso pasado eran: 11€ por peza e 22€ o chándal completo. Págase no momento de facer o pedido
  • Uniforme: Non é obrigatorio. Pódese adquirir en Darcos, c/ Abegondo, 6 (Castrillón)  (Ao lado da Biblioteca Municipal na Praza de Pablo Iglesias). Tel. 981 13 99 97. 

     
    O xersei é de punto co escudo do colexio. Pode ser tipo sudadera pechada e tamén hai chaqueta con cremalleira ou botóns.





    O polo é branco, co escudo do colexio. Haino de manga larga e curta. Vale tamén un polo que non teña escudo, xa que no inverno non quitan o xersei... Hai ofertas nas grandes superficies e tamén no Primark
     
    O pantalón é gris. Pode ser de gomas, para os máis pequenos, ou con botón. Tamén o hai curto. Non ten nada de especial. Pódese mercar nas grandes superficies.

    Falda, de taboas con tres botóns e pode ser con ou sen tirantes.  
  • Chandal: Non é obrigatorio. Aconsellamos marcar co nome do neno ou nena a chaqueta do chandal, xa que a poden quitar... Pódese mercar en DARCOS ou na ANPA.



     
  • Mandilón: É obrigatorio para Ed. Infantil. Os nenos e nenas de Ed. Infantil, levan un mandilón con puño de goma. É a mesma cor durante todos os anos de Ed. Infantil, é dicir, un neno que empece o curso que ven en 4º E.I., terá o mandilón de cor azul e así en toda a súa etapa de Infantil. Deben vir marcado co nome do neno ou nena. Tamén se pode mercar en DARCOS.


                                                   4º Ed. Infantil (3 anos), curso 2016-2017                                            



    5º Ed. Infantil (4 anos), curso 2016-2017



    6º Ed. Infantil (5 anos), curso 2016-2017


Ningún comentario:

Publicar un comentario