Comedor

O servizo de Comedor está xestionado pola ANPA.
Funciona con servizo de catering no centro.
Neste vindeiro curso 2018-2019 a empresa de catering será Jardanay.

Podemos poñernos en contacto coa persoa responsable do servizo, a través dun teléfono no que as nais e pais poden chamar ou mandar SMS, se o necesitan: 647 468 990

De 14:00 a 16:00h, atendidos por monitores e a persoa coordinadora do Comedor.
  • Baixan das aulas acompañados polos monitores. Depositan as mochilas nos colgadoiros. 
  • Deben traer un neceser co necesario para lavar os dentes. 
  • Deberán cumprir as normas de convivencia xeral do centro e as específicas do regulamento de Comedor. 
  • Os pais e nais deben respectar aos profesionais e os horarios polo ben dos seus fillos e dos dereitos dos traballadores.
Serán recollidos polos pais e nai aténdose á organización:
  • De 15:30h a 15:40h , E.I. e Primaria pola porta principal
  • De 15:50h a 16:00, E.I. pola porta principal e Primaria pola porta do patio de atrás do centro. 
Tratade de ser puntuais, pensando tanto nos nenos coma nos traballadores do comedor.
Prezos:



Todos os usuarios de comedor deberán pagar un seguro de accidentes (este curso será de 4,00€) para o horario de comedor, que será cargado no primeiro recibo pola empresa.

Descontos

Cando existan dous irmáns acudindo ao comedor, existirá un desconto do 10% para a modalidade menos onerosa. Se son tres ou máis irmáns, o desconto será do 12% tamén nas modalidades menos onerosas. 


Matrícula comedor:

Para os usuarios socios da ANPA, o importe da matrícula será gratuíto, e no caso dos que non sexan socios, deberá consultarse o importe coa ANPA.

Forma de pago
  • Sempre mediante domiciliación bancaria, nos 5 primeiros días do mes (salvo nos meses de setembro e outubro). 
  • No caso de altas extraordinarias, o recibo pasarase entre os 5 días seguintes a entrega do formulario de inscrición. 
  • Alumnos esporádicos: pago "in situ" a través do sistemas de vales ou domiciliación bancaria, se a empresa ten datos seus do servizo de madrugadores.

O meu fillo/a xa foi usuario/a do comedor o curso pasado

Se xa estivo no comedor o curso pasado, deberá entregar no local da ANPA o formulario de "Renovación do servizo" para este curso.

Como dar de alta a un alumno/a?

A continuación describimos a maneira de darse de alta no curso 2017-2018:

Contratarase o servizo de comedor mediante a entrega no local da ANPA do formulario “modelo 1” (alta no comedor):
  • Para comezar en Setembro (o primeiro día de curso ou outro día do mes): Antes do 6 de Setembro do 2018
  • Para comezar nun mes distinto de Setembro: Antes do día 26 do mes anterior ó comezo do uso do comedor. (*sempre que haxa prazas dispoñibles no mesmo)

Como facer uso do servizo de forma esporádica?

Haberá que avisar ó teléfono da persoa coordinadora (647 468 990) ou a oficina (981.126.627), antes das 11:00h. do día no que fora a facer uso do comedor.

Como dar de baixa a un alumno/a ou modificar as condición de uso do servizo?

Débese entregar no local da ANPA o formulario “modelo 2” antes do día 26 do mes anterior na que tivera que facer efecto.

Dietas
  • Dieta Branda: avisar ó teléfono da coordinadora ou á oficina antes das 11:00 da mañá
  • Dietas Especiais (p.ex. enfermidade celíaca): entrega no local da ANPA do “modelo 4” no momento da inscrición.

Ningún comentario:

Publicar un comentario