Madrugadores

O servizo de Madrugadores está xestionado pola ANPA.
Funciona con servizo de catering no centro.
Neste vindeiro curso 2017-2018 a empresa de catering será Jardanay.

Funciona entre as 07:30h. e as 09:00h.
Hai dúas modalidades con almorzo e sen almorzo.

Podemos poñernos en contacto coa persoa responsable do servizo, a través dun teléfono no que as nais e pais poden chamar ou mandar SMS, se o necesitan: 647 468 990

Prezos

Forma de pago
  • Sempre mediante domiciliación bancaria, nos 5 primeiros días do mes (salvo nos meses de setembro e outubro). 
  • No caso de altas extraordinarias, o recibo pasarase entre os 5 días seguintes a entrega do formulario de inscrición. 
  • Alumnos esporádicos: pago “in situ” a través do “sistema de vales” ou domiciliación bancaria, se teñen os datos do servizo de comedor.

Como dar de alta a un alumno/a?

A continuación describimos a maneira de darse de alta no curso 2017-2018:
Contratarase o servizo de Madrugadores mediante a entrega no local da ANPA do formulario “modelo 3” (alta en Madrugadores):
  • Para comezar en Setembro (o primeiro día de curso ou outro día do mes): Antes do 8 de Setembro do 2017
  • Para comezar nun mes distinto de Setembro: Antes do día 26 do mes anterior ó comezo do uso do servizo. (*sempre que haxa prazas dispoñibles no mesmo)

    Como facer uso do servizo de forma esporádica?

    Haberá que avisar ó teléfono da persoa coordinadora (647 468 990) ou a oficina (981.126.627), antes das 19:00h. do día anterior no que fora a facer uso do servizo.

    Como dar de baixa a un alumno/a ou modificar as condición de uso do servizo?

    Débese entregar no local da ANPA o formulario “modelo 2” antes do día 26 do mes anterior na que tivera que facer efecto.

    Dietas
    • Dietas Especiais (p.ex. enfermidade celíaca): entrega no local da ANPA do “modelo 4” no momento da inscrición.

    Ningún comentario:

    Publicar un comentario