Banco de libros da ANPA



Necesitamos doazóns, xa que os libros de 3º e 5º de Primaria non cambiaron dende hai moitos anos, e pode suceder que tiñamos problemas nas librerías.

Os de 4º e 6º de Primaria tamén son ben recibidos, por suposto!!!

 

Axudémonos tod@s!!!


Estimados pais e nais,
Dirixímonos a vos coa intención de informarvos de que dende a ANPA estamos a promover un PRÉSTAMO DE LIBROS DE TEXTO de cara ao vindeiro curso para fomentar valores como:
  • Colaboración entre pais e nenos.
  • Solidariedade e responsabilidade de libros.
  • Respecto polo medio ambiente.

BASES:
  • Só poderán participar aquelas familias que tendo sido socias da ANPA no presente curso se atopen ao corrente nos pagos.
  • Cesión daqueles libros de texto que se atopen en bo estado e que estean vixentes. Poderedes consultar o listado no taboleiro do colexio ou na web da ANPA.
  • Para recibir os libros do novo curso terán preferencia aqueles socios que fixeran cesión dos seus libros (non podendo asegurar ao 100% esta reprocidade, xa que dependerá das doazóns recibidas)
  • Na medida do posible o número de libros entregados será proporcional ao de libros doados.
  • Os libros cederanse en calidade de préstamo polo que deberán devolverse á ANPA ao rematar o curso.
  • Tódolos socios poderán solicitar o préstamo aínda que non puideran aportar libros. Repartiránselles en caso de que sobrara algún.
PROCEDEMENTO:

Os participantes completarán unha ficha, que poderán recoller no local da ANPA ou descargar da páxina web que entregarán nunha bolsa pechada xunto cos libros.

Revisión dos libros por parte da ANPA, non podendo participar aqueles que se atopen en mal estado ou incompletos.

Ficha para facer doazón de libros

Ficha para facer solicitude de libros

Contamos coa vosa participación!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario