LISTAS PROVISIONAIS DE ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2017-18
PRAZO DE RECLAMACIÓNS ÁS LISTAS PROVISIONAIS: 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación (ata o 2 de maio inclusive) ante o Consello Escolar do Centro (artigo 30.3 da orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15 de marzo)
PROCEDEMENTO PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO CURSO 2017/2018
CALENDARIO DO PROCESO DE
ADMISIÓN:
Publicación
de postos escolares vacantes.
|
Antes do 1 de marzo
|
Presentación da solicitude de admisión dos alumnos
que cambien de centro para seguir cursando a mesma ensinanza ou para estudos
superiores.
|
Do 1 ao 20 de marzo
|
Presentación
da documentación acreditativa dos criterios do baremo.
|
A partir do 22 de marzo
|
Publicación
das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos.
|
Antes do 25 de abril
|
Reclamacións.
Realizarase ante o Consello Escolar nos
centros públicos, e ante o titular nos centros privados concertados.
|
5 días hábiles a contar a partir
do día seguinte da publicación das listaxes provisionais.
|
Publicación
de listaxes definitivas.
|
Antes do 15 de maio.
|
No caso de solicitar praza en datas
posteriores ao prazo fixado, realizarase na Inspección de Educación
Secundaria, no Departamento Territorial da Consellería de Educación e
Ordenación Universitaria.
|
OFERTA:
Cursos de Educación Infantil
|
Cursos de Educación Primaria
| ||
Postos dispoñibles
|
(1)
|
Postos dispoñibles
|
(1)
|
Cuarto (3 anos)………. 44
Quinto (4 anos)………. 0
Sexto (5 anos)………... 0
|
6
0
0
|
Primeiro…………. 0
Segundo………….0
Terceiro…………..0
Cuarto …………..4
Quinto ….………...0
Sexto …………2
|
1
|
(1) Postos escolares a disposición da comisión de escolarización para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (art. 3 da Orde do 12 de marzo de 2013, DOG do 15)
|
RECLAMACIÓN:
As reclamacións contra a resolución do Consello
Escolar, a Comisión de Escolarización e, se é o caso, da Inspección Educativa,
poderanse presentar no prazo máximo de 5 días hábiles contados a partir da súa
publicación, ante o órgano que as dictou.
NOVIDADES E CRITERIOS A SEGUIR PARA A SOLICITUDE:
- A principal novidade é que se poderá solicitar praza a través de internet na aplicación informática «admisionalumnado (/www.edu.xunta.es/admisionalumnado/). Ver todas as novidades na Orde do 25 de xaneiro de 2017.
- O alumnado que pretenda continuar estudos nun centro de adscrición, para reservar praza, deberá presentar no centro de orixe ou a través de internet o formulario de solicitude (Anexo I).
- O alumnado que solicite praza nun centro non adscrito solicitará a admisión a través de internet ou de forma presencial no centro docente indicado como primeira opción ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos utilizando o formulario de solicitude (Anexo II). Na solicitude pódese relacionar ata 6 centros por orde de preferencia.
- Os formularios serán facilitados gratuitamente nos centros e tamén estarán dispoñibles na páxina web da consellería.
- Poderase consultar o estado de tramitación da solicitude a través da aplicación informática utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.
- Todas as solicitudes que non pudiesen obter praza nos centros solicitados serán remitidas á comisión de escolarización que lles asignará praza nos centros onde teñan vacantes tendo en conta, cando sexa posible, as preferencias dos pais indicadas na solicitude e a puntuación obtida por aplicación do baremo.
CALENDARIO DE MATRICULACIÓN:
- Educación Infantil e Educación Primaria: Do 20 ao 30 de xuño.
- Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato: Do 25 de xuño ao 10 de xullo.
- Prazo extraordinario para ESO e Bacharelato: Do 1 ao 10 de setembro.
NORMATIVA:
SORTEO
PÚBLICO DAS LETRAS DE PRIORIDADE:
- Resultado do sorteo 2017:
Letras primeiro apelido: "I" e "I"
Letras segundo apelido: "Ñ" e "X"
DOCUMENTACIÓN
E ANEXOS COS FORMULARIOS:
MÁIS
INFORMACIÓN:
- Nos propios centros educativos.
- Nos Departamentos Territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
- En A Coruña: Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación y Ordenación Universitaria.
MAPA DA
ZONA DE INFLUENCIA DO CONCELLO DE A CORUÑA:
- A zona de influencia do colexio é a número 24
- Mapa da zona de influencia dos centros de primaria públicos