22/12/2017

A nosa escola está de celebración!!!!





Empezamos as vacacions con unha moi boa nova, podedela ver aquí: A nosa escola está de celebración.

Volvemos o 8 de Xaneiro con forzas renovadas.

Bo Nada e Próspero 2018l!

Desde a ANPA Xanela desexámosvos...


Bo Nadal e Próspero Ano 2018 para toda a Comunidade Educativa e as súas familias!! 




O CEIP María Pita  tamen nos vos dexa un Feliz 2018, aquí podedes ver a felicitacion 

19/12/2017

Esta semana.....

Importante para esta semana...



  • Seguimos precisando "figurantes" para os Reis Magos, se hai papas voluntarios que se achegen polo local da ANPA.
  • O Mercores 20 de Decembro, será o ultimo dia de Actividades Extraescolares, volveran a inciar o 8 de xaneiro de 2018.
  • O Xoves 21 de Decembro, teremos a Festa de Nadal, haberá unha pequena mostra de actividades dos nenos de Teatro e Baile Moderno, será sobre as 16:30 pero o nenos que actuen teran que estar no centro as 16:00. 
  • O acceso a festa sera gratuito para todos os socios que esten o corrente de pagos tanto de cuotas como de actividades. Para os NON socios o custo será de 5 Euros e a entrada comprarase na entrada.

12/12/2017

Precisanse "axudantes" para SSMM Reis Magos de Oriente


Como xa ven sendo habitual nos últimos anos o día da festa de NADAL, este ano será o 21 de Decembro, pasan polo cole as SSMM Reis Magos de Oriente, este ano pedironnos "axudantes" para soster o peso das coroas dos ancians viaxeiros. 

Todos os voluntarios que estén dispoñibles para "levar semellante peso nas suas cabezas" pasade polo local da ANPA en horario habitual (Luns a Xoves de 16:15 a 18:00) para que tomemos nota.


Moitas gracias por adiantado, as suas maxestades e os nosos  nenos agradecenvos a colaboración

CAMBIO MENU MERCORES 13/12/2017

Para el próximo mercores 13 el menú  viuse modificado afectando soamente ao primeiro prato. Os nenos e nenas para mañá poderán gozar do seguinte menú:

  • 1º Prato: Prato quente de espirais.
  • 2º Prato sen cambios (albóndegas da avoa en salsa con arroz).
  • Sobremesa sen cambios (froita).

Esperamos que sexa do agrado dos nenos e nenas.

Atentamente 

Servicio de comedor
Jardanay S.L

11/12/2017

A Hora do Código. Facultade de Informática. Sábado 16 de decembro


O vindeiro sábado 16 de Decembro ás 12:00, a Universidade da Coruña (UDC) organiza A Hora do Código UDC 2017, un evento destinado a nenas e nenos de 8 a 14 anos co obxectivo de que se inicien na programación de ordenadores dunha forma amena, divertida e directa. De feito, este evento denomínase A Hora do Código porque ten unha duración exacta dunha hora.

A Hora do Código (https://hourofcode.com/es) é unha iniciativa de code.org, unha organización pública sen ánimo de lucro dedicada a promover as Ciencias da Computación en escolas e institutos, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar. 

A Hora do Código UDC 2017 ten o mesmo obxectivo didáctico que o evento global: ensinar aos nenos e nenas conceptos fundamentais de programación mediante ferramentas gráficas baseadas en bloques que poden realizar unha acción concreta como mover un personaxe nunha escena ou debuxar unha forma. Pero ademais, o noso evento ten un segundo obxectivo: pretende ser un punto de reunión para todos aqueles nenos e nenas da provincia da Coruña que estean interesados na programación ou simplemente queiran coñecer este mundo. Para logralo, A Hora do Código UDC 2017 celebrarase na Facultade de Informática, e ademais de pór a disposición dos participantes os nosos computadores e aulas, todos os que acudan en persoa ao evento recibirán un diploma personalizado.

Para participar na Hora do Código UDC 2017 só tedes que seguir 2 pasos moi simples:

1- Rexistrarse no evento, seguindo as instrucións da páxina web.
2- Vir o sábado, 16 de Decembro, ás 11:30 á Facultade de Informática da UDC.

Aquí tedes toda a información que podades necesitar: http://hourofcode.fic.udc.es/index-gal.html

28/11/2017

Campacoles Nadal 2017








Xa está dispoñible toda a información dos Campacoles Nadal 2017, pódese ver toda a información aquí

22/11/2017

CANCELADO Magosto



Tal como xa comunicou o centro a traves da circular enviada hoxe Mercores 22 de Novembro a todos os nenos, CANCELASE o Magosto previsto para o Vernes 24 de Novembro, por mor dos tres dias de loito decretados polo centro debido o pasamento dun membro do profesorado.


Agradecemos a vosa comprension

Alerta por fenómeno meteorolóxico adverso






A Axencia Estatal de Meteoroloxía e Meteogalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa, desde as 9 horas en diante (aproximadamente) do mércores 22 de novembro de 2017, por refachos de vento de ata 100km/ h que afectarán as zonas de predición meteorolóxica da provincia da Coruña e da Mariña de Lugo. Ante a devandita situación de risco, a Comisión Escolar de Alertas acordou a suspensión das actividades no exterior a partir das 9.00 h das instalacións do centro escolar destas zonas afectadas, con seguimento das condicións climáticas. Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa un centro supuxesen un risco maior, os/as directores/poderanas adoptar as decisións oportunas respecto das actividades no exterior do centro educativo ou sobre as actividades extraescolares. A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112

Aviso Xunta de Galicia


As actividades que se ven afectadas no centro son:
  • Predeporte
  • Multideporte
  • Futbol
Estas trasladaranse a instalacions interiores do centro, asi que se levarán a cabo con "normalidade"

20/11/2017

Chegou o Magosto


  • O mercores pola tarde comezaremos, a "picar" castañas para o magosto do venres. Son moitos quilos e necesitaremos cantas máis mans mellor...  Estaremos ata ás 18:00 máis ou menos. Se non rematamos, seguiremos o xoves!!! 
  • venres temos o tradicional Magosto e toca preparar na casa c@s nos@s fill@s os castañeiros. Botádelle imaxinación e traballade todos xuntos en familia para que sexa o mellor castañeiro. 

13/11/2017

Programa Educa Saude


Durante este mes de NOVEMBRO estase levando a cabo no colexio o Programa Educa Saúde, podedes consultar todas as charlas que se van impartir aquí



06/11/2017

Reunión Comedor e Madrugadores


O próximo mercores 8 de novembro de 2017 ás 17:00 horas, no comedor do colexio, celebrarase a primeira reunión periódica de comedor e madrugadores, como se acordou de facer, para valorar e ver como van os servizos. Acudirá tamén o persoal que están normalmente cos nosos fillos no comedor (coordinadora, monitores e resto de persoal).

Atentamente,
A Directiva da ANPA Xanela

02/11/2017

Campamento de Nadal 2017



Xa está aberto o Prazo de inscrición para os Socios da ANPA Xanela!!!  

A partir do  luns 5 de novembro abrese para os NON socios e NON alumnos do colexio Maria Pita.

Información en www.serocio.com e no local da ANPA de luns a xoves de 16:15 a 18:00 horas.



CAMBIO MENÚ JUEVES 2 Y VIERNES 3 NOVIEMBRE

Para esta semana, en concreto os días 2 de Novembro e 3 de Novembro, o menú viuse modificado. O cambio só afecta ao segundo prato intercambiándose entre si, polo que os nenos e nenas poderán gozar do seguinte menú:
 
-          Xoves 2 de Novembro:


  • 2º Prato: Pito asado (a guarnición non sofre cambios).

 -           Venres 3 de Novembro:
  • 2º Prato: Hamburguesa de porco (a guarnición non sofre cambios)

Desculpen as molestiasAtentamente Servicio de comedorJardanay S.L

30/10/2017

Noite no colexio 2017

Outro ano máis organizamos unha noite no colexio.
Será a noite do 3 de novembro

Podes inscribirte dende hoxe Luns 30 de outubro no Local da ANPA en horario habitual (16:15-18:00)

Lembra que as prazas son límitadas.




Aquí deixamos un enlace para descargar o formulario de inscripción en caso de que xa o queriades traer cuberto esta tarde Descargar Folleto de inscripción

11/10/2017

Cambio de menú viernes 13 de septiembre de 2017

Para el próximo viernes 13 el menú se ha visto modificado afectando solo a la guarnición del segundo plato, por lo que los niños y niñas podrán disfrutar de:

-          2º Plato: Bacalao a la romana con ensalada de tomate


Esperamos que sea del agrade de los niños y niñas

Desculpen as molestias

Atentamente 

Servicio de comedor
Jardanay S.L

02/10/2017

Listaxes de Listen and Speak Curso 2017-18

Xa están na paxina web de Educacion do Concello as listaxes dos admitidos en Listen and Speak. (www.edu.coruna.es)
  • No horario de 16 a 17 horas (3º e 4º Primaria) formáronse dous grupos foron admitidos todos os nenos e nenas. 
  • No horario de 17 a 18 horas (5º e 6º Primaria) formouse un grupo e hai lista de agarda.
Se algún dos admitidos non vai ir é bo que o comunique canto antes ao concello para que poidan entrar os da lista de agarda.

Lembrade que as clases comezan o xoves 5 de outubro.

Deixamos aquí o enlace ás listaxes do noso centro. (Ver listaxe)


01/10/2017

Comenzan as actividades.

Bo día a tod@s!


O luns comenzamos as actividades extraescolares do curso 2017-18. Xa tendes dispoñible o horario definitivo de actividades.

Nesta primeira semana aínda estamos organizando as entradas e saídas das actividades e vos pedimos comprensión xa que son moitos nenos/nenas e poucos os que vimos axudar...

Tamen retomamos o horario habitual de apertura do local, estaremos de Luns a Xoves de 16:15 a 18:00,

30/09/2017

Menú 1º trimestre Curos 2017-2018

Xa temos o menú do comedor para o 1º trimestre do curso.


Coma sempre, tendelo no apartado Menu Comedor do menú principal do blog.

26/09/2017

Comenzo das inscripcion de actividades para os nenos do Ramon da Sagra



A partir de hoxe MARTES 26 de Septembro comezan a inscripcións das actividades para os alumnos do Ramón da Sagra.

O horario para facer as inscripción será:
  • De Martes 26 a Mercores 27 de Septembro de 16:15 a 18:00

18/09/2017

Comenzo das inscripcion de actividades para os NON SOCIOS



A partir de hoxe LUNS 18 de Septembro comezan a inscripcións das actividades para os alumnos do María Pita NON SOCIOS da ANPA XANELA e para os nenos da ESO Ex Alumnos do Maria Pita

O horario para facer as inscripción será:
  • De Luns 18 a Xoves 21 de Septembro de 16:15 a 18:00
Moito animo e paciencia.....!!!

13/09/2017

Comeza a inscripción de activiades




Lembrade, hoxe comeza a inscripcións das actividades para os SOCIOS da ANPA XANELA.

Deixamos un resumo dos bloque de actividades que vamos ter, coa información das datas límite para anotarse para comenzar o 2 de Outubro e un enlace para descargar o formulario de inscripción en caso de que xa o queriades levar cuberto esta tarde..
O horario para facer as inscripción esta esta semana será: 
  • Mercores 13 de Septembro de 16:15 a 18:00
  • Xoves 14 de Septembro de 16:15 a 18:00
Moito animo e paciencia.....!!!

11/09/2017

LISTAS DEFINITIVAS DE TRANSPORTE ESCOLAR 2017/2018



Xa están na web do colexio as listaxes de alumnado admitido no servizo de transporte curso 2017-18
Ver listas

COMENZAMOS O CURSO

Hoxe comezamos o curso!!!

Comeza o servizo de madrugadores, as clases e tamén o servizo de comedor
Que nervios!!!

Queremos darvos a benvida a tod@s!!!


Temos novidades:
  • No apartado de menú comedor o menú do mes de setembro Ver
  • No apartado de Actividades xa tedes o horario PROVISIONAL de actividades para este curso 2017-18 Ver
  • A reunión para informar das actividades terá lugar este martes 12 de setembro ás 17 horas no Salón de actos do colexio 
  • A partir do mercores comezaremos a recoller as inscricións nas distintas actividades. Consultade os prazos no apartado de actividades do blog. 
  • Horario do local da ANPA para o mes de Septembro
    • De Martes 12-9-2017 ata Xoves 14-9-2017 de de 16:15 a 18:00
    • De Luns 18-9-2017 ata  Xoves 21-09-2017 de 16:15 a 18:00
    • De Martes 26-9-2017 ata  Mercores 27-09-2017 de 16:15 a 18:00.   

Desexamos que tod@s teñades un bo comezo!!!

08/09/2017

AVISO IMPORTATE BOLSAS DE COMEDOR!!!!!





Hoxe trasladáronnos esta información para que vola fagamos chegar:

Por indicación expresa da Concelleira, esta mañá publicaremos a LISTA DEFINITIVA PARCIAL das Bolsas de Comedor.

As persoas que aparezan nesta listaxe, deberán pasar polos centros cívicos a recoller o ANEXO 2. Este ANEXO, chegará ao longo da mañá a todos os centros cívicos.  O prazo para recollelo no centro cívico e levalo ao comedor será de 10 días hábiles ( do 11 ao 22 de setembro incluídos).
Estas persoas poderán empezar a comer o luns día 11.

As familias que non estean nesta listaxe, están pendentes de valoración e non saberán se teñen a bolsa concedida ou denegada ata  dentro de 2 semanas ( aprox o 20 de setembro) que esperamos ter a LISTA DEFINITIVA TOTAL, e ata esta data non teremos ningunha información (nin en 010, nin en centros cívicos, nin en ningún sitio) sobre ningunha bolsa.


Un saúdo

07/09/2017

Asamblea Ordinaria de socios - ACTIVIDADES


Convócase aos socios da ANPA Xanela á Asamblea Ordinaria de socios, que terá lugar o martes 12
de septembro de 2017 no salón de actos do CEIP María Pita ás 17:00 horas en primeira convocatoria
e 17:15 horas en segunda, ca seguinte orde do día:

  • Presentacion de servizos da ANPA para o curso 2017-2018
  • Presentacion de Actividades
  • Preguntas e suxestións

05/09/2017




Xa está aberto o prazo para facer a inscrición para a actividade de Listen and Speak.
Trátase dun programa de comprensión auditiva e expresión e interacción oral en lingua inglesa.
Está orientado á certificación internacional do Trinity College London, dacordo cos niveis do Marco Europeo das linguas.

Trimestralmente se fará unha revisión do número de asistentes para comprobar que se mantén a ratio mínima, de non ser así, e previo aviso, poderase suspender a actividade para o seguinte trimestre.
Ratio mínima de 12 e máxima de 15 persoas.


Período de realización
Do 4 de outubro de 2017 ao 31 de maio de 2018

Horario Cada grupo recibirá dúas horas semanais, distribuídas en días alternos cos seguintes horarios no noso colexio:
  • 3º e 4º Primaria. Martes e xoves de 16:00 a 17:00 horas
  • 5º e 6º Primaria. Martes e xoves de 17:00 a 18:00 horas
Inscrición
A inscrición farase na web educativa do concello. Deixamos aquí o enlace. Ficha de inscrición on-line

O prazo de inscrición remato o 30 de setembro.
As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de inscrición.

As listaxes de admitidos publicaranse na web educativa (www.edu.coruna.esa inicios de outubro.

Criterios para a admisión:
1. Escolares do propio centro seleccionados por riguroso orde de inscrición.

2. Escolares doutros centros (sempre que o aprobe o Consello Escolar do centro receptor)

Unha vez comezado o programa, poderá haber novas altas sempre e cando queden prazas vacantes no grupo que se solicita. No caso de non quedar prazas, o solicitante pasará a formar parte dunha listaxe de agarda


01/09/2017

LIBROS DE TEXTO E MATERIAL DIDÁCTICO CURSO 2017/2018


Xa esta dispoñible na paxina do colexio a Nota para a entrega dos libros adxudicados no fondo solidario

NOVIDADE!! PROGRAMA COXEGAS




Este curso temos unha novidade, no centro está aprobado o PROGRAMA COXEGAS, e un programa municipal para facilitar a conciliacion durante o mes de Septembro mentras non den comenzo as activiades.

Aquí vos deixamos toda a información PROGRAMA COXEGAS


programa Cóxegas comeza o primeiro día de clase, 11 de setembroas inscripcions podenser facer: 
  • No local da ANPA os dias que este aberto antes do comenzo do cole.
  • Na oficina da Federanación de ANPAS na Rúa Orzán, nº21  entre os días 4 e 8 de setembro en horario de 10 a 13h e de 16 a 19h e posteriormente abonarán a cota na ANPA.

Voltamos

O luns día 4 de setembro, voltamos!!!

Este será o noso horario nos días previos ao comezo do curso:
- Luns, 4 de setembro, de 17 a 19 horas
- Martes, 5 de setembro, de 10 a 12 horas
- Mércores, 6 de setembro, de 17 a 19 horas




BANCO DE LIBROS: Ainda temos alguns libros  no Banco de Libros. Se alguén os necesita pode solicitalos nos horarios indicados.

BANCO DE UNIFORMES: O día 4 e 6 de setembro, en horario de tarde, teremos o banco de uniformes activo para que veñades ver se algo os pode servir. Temos mandilóns, zapatillas para música, saias, pantalóns, xerseis e polos. Tamén queda algún chandal.

COMEDOR: Se vos concederon a beca do concello para o servizo de comedordebedes facer a solicitude de comedor e presentala no local, senón o fixéchedes antes.


último día para solicitar o servizo de comedor para o mes de setembro é o mércores 6 de setembro.

O local da ANPA permanecerá pechado o xoves 7 e venres 8 de setembro.

23/06/2017

Comezan as vacacións!

Hoxe remata o cole!!!

Lembrade a próxima semana estamos todavía no local:             
  •  LUNS e MARTES de 16:30 a 17:30                                             
  •  MERCORES de 10:30 a 12: 30 









20/06/2017

MENÚ ÚLTIMO DÍA DE COLEXIO

Con motivo do último día de colexio, o menú para o día 23 de Xuño viuse modificado. Para ese día os nenos e nenas poderán gozar do seguinte menú:

1º PRATO: ENSALADA VARIADA
2º PRATO: PIZZA ARTESÁ DE XAMÓN E QUEIXO
POSTRE: CHOCOLATINA
Esperamos que sexa do agrado dos nenos e nenas





Atentamente 

Servicio de comedor
Jardanay S.L

19/06/2017

Horario: semana do 19 ao 23 de xuño


Rematarón as actividades, pero nos continuamos co traballo

Esta semana abriremos o local da ANPA de Luns 19 a Xoves 22: 16:15 a 18:00

Poderedes facer as seguintes xestións:
  • Renovación e alta de socios
  • Renovoación e alta de servizos: madrugadores e comedor
  • Banco de libros (Formularios Solicitude):
    • Devolver os libros que tivechedes este curso en calidade de préstamo.
    • Facer novas doazóns de libros.
    • Solicitar libros do banco. 
  • Banco de uniformes:
    • Facer novas doazóns de roupa, tanto de uniforme como de chandal.
    • Solicitar roupa do banco.

12/06/2017

Axenda Semanal......


Luns, 12 de xuño.
  • Comezo do prazo para renovar os socios para o curso 2017-2018 e tamén o servizo de comedor e madrugadores. Non poderán renovar aqueles socios que non se atopen ao día nos pagos.
  • Banco de uniformes. En horario habitual, teremos o banco de uniformes activo para que veñades ver se algo os pode servir. Temos mandilóns, zapatillas para música, saias, pantalóns, xerseis e polos. Tamén queda algún chandal.

Martes, 13 de xuño.
  • Exhibicions fin de curso
    • Judo. 
    • Baile moderno 
    • Patinaxe 

Mercores, 14 de xuño
  • Exhibicions fin de curso
    • Ximnasia rítmica 
    • Guitarra 
    • Piano
    • Degustación de Cociña

Xoves, 15 de xuño:
  • Exhibicions fin de curso
    • Ballet
    • Olimpiadas
  • REMATE DE ACTIVIDADES.
Venres, 16 de xuño. 
  • NON HABERÁ ACTIVIDADES
  • Festa de Fin de Curso ANPA XANELA, dende ás 16:15 ás 20:00 horas.

08/06/2017

Baúl Obxectos Perdidos

IMPORTANTE, o xoves 22 de Xuño será o último día para recoller os obxectos extraviados no baúl de obxectos perdidos. O que quede no baúl a partir desta data levarase todo a unha institución benéfica. Hai moitas chaquetas, sudadeiras e abrigos...

Cambios datas das Exhibicións de actividades Curso 2016-2017

Produciuse un cambio de dia nas Exhibicións de Patinaxe e Baile Moderno, polo que as exhibicións previstas para a proxima semana quedan da seguinte maneira:


Martes, 13 de xuño:
    • Judo. 
    • Baile moderno 
    • Patinaxe 
Mercores, 14 de xuño:
    • Ximnasia rítmica
    • Guitarra 
    •  Piano 
    • Degustación de Cociña

Xoves, 15 de xuño:
    • Ballet 
    • Olimpiadas

06/06/2017

Exhibicións e fin de actividades Curso 2016-2017

Lembrade:
  • O xoves 15 de xuño rematan as actividades correspondentes a este curso.
  • Dende o luns 19 de xuño non haberá servizo de biblioteca pola tarde.

Mercores, 7 de xuño:
  • Crea e Construlle: Exposición dos traballos realizados durante o curso. 
Venres, 9 de xuño:
  • Torneo de futbito. “IV Torneo de la amistad”. Dará comezo sobre as 16:00 horas e rematará sobre as 20:00 horas. Farase nas pistas exteriores, coma sempre.
Martes, 13 de xuño:
  • Exhibicións:
    • Judo. 
Mercores, 14 de xuño:
  • Exhibicións:

  • Ximnasia rítmica
  • Guitarra 
  •  Piano 
  • Degustación de Cociña





Xoves, 15 de xuño:
  • Exhibicións:
  • Ballet 
  • Baile moderno 
  • Patinaxe 
  • Olimpiadas


ANIMADEVOS E PARTICIPADE!!!

23/05/2017

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18


Xa estan dispoñibles as listaxes definitivas de admitidos na paxina do Colexio 

LISTAXES DEFINITIVAS DE ALUMNADO PARA O CURSO 2017-18


PRAZO DE MATRÍCULA: Do 20 ao 30 de xuño

Axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

Abre o prazo para solicitar as axudas á compra de libros de texto e material escolar ou acceder ao fondo público

As familias dispoñen de prazo ata o 23 de xuño para presentar nos centros educativos as correspondentes solicitudes.

Poderá acceder ao fondo solidario de libros de texto o alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e dos catro cursos de ESO de centros sostidos con fondos públicos

O alumnado de 1º e 2º de Primaria e de Educación Especial poderá optar ás axudas da Consellería para a adquisición de libros, que varía entre 90 e 170 euros segundo a renda per cápita no primeiro caso; ou de 250 euros para o alumnado de Educación Especial

A maiores establécese un vale de 50 euros para a compra de material escolar, destinado a familias cunha renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros

Mais información Xunta de Galicia

Información proporcionada polo Colexio María Pita


18/05/2017

Exhibición de teatro

O próximo Mercores 24 de Maio, teremos a exhibición dos nenos de teatro no cole. Para que todos os pais poidan desfrutar das obras nas que os nenos estiveron traballando durante todo este curso.

Os horarios serán os seguintes:
  • 16:30
    • Cativos, o grupo dos pequenos de Infantil
    • Picaros, o grupo dos  maiores de Primaria
  • 17:30
    • Picariños, o grupo dos medianos de Primaria
    • Picaros, o grupo dos maiores de Primaria.
Estos son os horarios para ver as representacións pero os nenos terna que vir no seu horario normal das actividades, agas o grupo de maiores que debe vir as 16:00 en lugar de as 17:00.

Esperamosvos a todos para desfrutar do traballo destos artistas....

15/05/2017

IMPORTANTE. Cambio de data Festa da Familia.

XA TEMOS O NOVO CARTEL!!!!



Como xa vos informamos, debido á previsión de chuvia para o mércores 17 de maio a FESTA DA FAMILIA cambia de data para o domingo 21 de mayo


Podes mercar a túa entrada ata o xoves 18 de maio



Animádevos e vinde a participar!!

IMPORTANTE. Cambio de data Festa da Familia

Debido á previsión de chuvia para o mércores 17 de maio a FESTA DA FAMILIA cambia de data para o domingo 21 de mayo

Podes mercar a túa entrada ata o xoves 18 de maio

Anímate e ven participar!!